top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil de Liga Galega FS conclúe a súa temporada


Enfrontamento entre dous dos tres equipos Alevíns noieses (foto: Manuel Lorenzo)

A pasada xornada da Escola Deportiva deixounos algún final de temporada e outras entradas na recta final, con 3 vitorias e 3 derrotas en canto a resultados, xunto a un duelo entre dous equipos da Base.



Campito Chapela FS 3-12 XUVENIL
X30 Liga Galega FS | JUE. 16/05 | 21:00h

O campión de Liga Galega Xuvenil FS rematou o campionato como mellor sabe: gañando. Os de Daniel Ventoso superaron por 3-12 ao Campito Chapela FS grazas aos goles de Sito, Fernando García, Miguel Romero, Mateo Vázquez x2, Oliver Chenel x6 e Xavi Souto. Desta maneira, os brancos finalizan o curso con 76 puntos (9 de diferenza sobre o segundo), 25 vitorias, 1 empate, 2 derrotas e equipo máis goleador, con 187 tantos a favor e menos goleado, con 63 dianas encaixadas. Números de todo un campión dominador que xa se prepara para afrontar o desafío da División de Honra a próxima temporada.



CD Compañía de María 7-0 CADETE Lluc
X6 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | SÁB. 18/05 | 12:30h

O Cadete Lluc caeu derrotado no seu partido da penúltima xornada copeira ante o CD Compañía de María por 7-0. Na táboa sitúanse 8º con 1 punto.



Jogafán Ordes FS "B" 6-1 CADETE Henrique e Jabá
X6 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 18/05 | 17:30h

O Cadete Henrique e Jabá correu a mesma sorte, perdendo na súa visita ao Jogafán Ordes FS "B". Carlos Suárez conseguiu o único gol dos brancos, que son 5º con 6 puntos.



ALEVÍN Altamirano 1-4 ALEVÍN Pirata
X6 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 19/05 | 17:00h

O enfrontamento entre noieses no grupo 1 da Copa Alevín resolveuse con triunfo por 1-4 do Alevín Pirata sobre o Alevín Altamirano. Adrián Mayo, Hugo Leis, Hugo Tuñas e Álex Ferradás foron os autores dos tantos do Pirata, mentres que Iván Queiro fixo o gol del Altamirano. 1º con 15 puntos é o Alevín Pirata, o Alevín Altamirano queda 4º con 6 puntos. A GALERÍA do encontro, AQUÍ.



BENXAMÍN Sarmiento 0-7 Club Melide FS "B"
X4 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 19/05 | 18:00h

O Benxamín Sarmiento perdeu o domingo no seu partido ante o Club Melide FS "B", na cuarta e tamén penúltima xornada do grupo 1 de Copa, por 7-0. Os brancos son 4º con 6 puntos na clasificación. Consulta AQUÍ a GALERÍA do choque.



At. Fátima "B" 1-3 PB Matheus e Attos X4 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 19/05 | 12:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos gañou no seu partido contra o Atlético Fátima "B" no Municipal Apóstol Santiago por 1-3. Na táboa colócanse 4º con 6 puntos.



PB Machado e Power 4-0 UD Estrada FS
X4 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 19/05 | 19:00h

O Prebenxamín Machado e Power pechou a xornada gañando por 4-0 no seu cuarto partido no grupo 2 de Copa contra o UD Estrada FS. A clasificación posiciónaos 4º con 3 puntos. Goza AQUÍ da GALERÍA coas mellores imxes do duelo.




bottom of page