top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil comeza a súa andaina en Liga Galega con triunfo!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Sep 18, 2023
  • 1 min read


Cun só partido, esta pasada fin de semana foi a primeira con competición para a nosa Escola Deportiva, con vitoria incluida!


CD Beade / Galektra 4-6 XUVENIL | Domingo 17/09 | 17:00h | Pavillón IES Beade

Os de Daniel Ventoso debutaron na Liga Galega con vitoria na pista do CD Beade / Galektra. Por medio dos dobretes de Álvaro Fernández e Mateo Vázquez e o gol de Fernando García, os noieses sitúanse entre os equipos en sumar de tres na xornada inaugural. A vindeira semana, estrea na casa contra o Sala Ourense 2014.

Comments


bottom of page