Xornada moi reducida de partidos na Escola Deportiva noiesa, incluso cun deles aprazado, que se resolveu con dous empates e catro derrotas en canto a resultados.
IES Coruxo FS vs XUVENIL - APRAZADO
X23 Liga Galega | SÁB. 16/03 | 18:00h
Co marcador de 1-2 favorable aos noieses a falta de 5 minutos, o duelo foi aprazado pola excesiva condensación na pista do Pavillón IES Coruxo. O restante do partido disputarase nunha data futura aínda por determinar.
XUVENIL Rufino 4-6 Victoria FC
X17 1ª Autonómica - Fase Previa | DOM. 17/03 | 13:00h
O Xuvenil Rufino caeu no duelo directo contra o Victoria FC por 4-6. Os tantos noieses, obra de Hugo Romero x3 e Daniel García, e na táboa ocupan a 8ª praza con 16 puntos.
Alto do Vento FS "C" 2-0 ALEVÍN Altamirano
1ª Autonómica Eliminatorias - Final Grupo 1 | DOM. 17/03 | 16:45h
Non puido ser para o Alevín Altamirano, que perdeu ante o Alto do Vento FS "C" nunha axustada final polo título de campión do grupo 1 de 1ª Autonómica. Orgullosos de vós, rapaces!
BENXAMÍN Pola 2-4 Jogafán Ordes FS
X7 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 17/03 | 19:00h
O Benxamín Pola perdeu ante o Jogafán Ordes FS no seu duelo disputado o domingo por 2-4. Os goles brancos, de Martín Suárez e Tiago Rodríguez. O noso equipo é 4º con 6 puntos na clasificación.
BENXAMÍN Sarmiento 4-4 Jogafán Ordes FS "B"
X7 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | DOM. 17/03 | 18:00h
O Benxamín Sarmiento e o Jogafán Ordes FS "B" firmaron un empate a catro tantos, cos goles noieses sendo de Aleixo Campos x3 e Álvaro Couto. Os nosos son 3º con 11 puntos.
PB Matheus e Attos 1-1 At. Fátima "B"
X7 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 17/03 | 16:00h
Outro empate, o do Prebenxamín Matheus e Attos, por 1-1 contra o Atlético Fátima "B", que lles permite aos noieses manter o liderado con 16 puntos.
PB Machado e Power 0-4 Stellae FS - Valga X7 1ª Autonómica Liga Regular Título | DOM. 17/03 | 17:00h
O Prebenxamín Machado e Power caeu por 0-4 contra o Stellae FS - Valga e segue sen puntos no grupo polo título de 1ª Autonómica.
Komentarai