Terminou o ano de partidos para a Escola Deportiva cos últimos 10 disputados esta pasada fin de semana, dos que destacamos o primeiro triunfo do Xuvenil Rufino e a vitoria do Xuvenil de Galega que o fai máis líder.
XUVENIL 8-2 Alto do Vento FS
X13 Liga Galega | SÁB. 16/12 | 19:30h
Os de Daniel Ventoso vanse ao parón de Nadal líderes con 33 puntos, 4 de diferenza sobre o Reodndela FS e 6 co Pescados Rubén Burela FS, tras superar ao Alto do Vento FS por 8-2. Os goles, obra de Mateo Vázquez, César Calatayud, Oliver Chenel x2, Fernando García e Mateo Varela x3. Situación fantástica para os nosos, por tanto, a dúas xornadas de finalizar a primeira volta, aínda que iso xa será en 2024.
CD Composala 1-2 XUVENIL Rufino
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 17/12 | 19:30h
Á oitava foi a vencida para o Xuvenil Rufino, que tras rozar a primeira vitoria da temporada en varias ocasións, logrouna este domingo ante o CD Composala. Os tantos de Hugo Romero e Daniel García deron a volta ao 1-0 inicial e colocan aos noieses 9º con 4 puntos.
Oroso FS CD "B" 1-1 CADETE Lluc
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 16/12 | 13:00h
Igualou a un tanto o Cadete Lluc na súa visita ao Oroso FS CD "B", grazas ao tanto de Damián Alborés na segunda metade. Este punto deixa aos brancos 6º con 10 puntos.
CADETE Henrique e Jabá 4-5 AD Codima
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 16/12 | 12:00h
A punto estivo de darlle a volta o Cadete Henrique e Jabá ao 2-5 desfavorable co que se puxo no seu duelo ante o AD Codima. Pero, finalmente o choque saldouse con derrota, a pesar dos goles de Bosco Cameán, Carlos Suárez, Manuel Creo e Adrián Yáñez, e os noieses mantéñense 5º con 5 puntos. Consulta AQUÍ a GALERÍA do partido.
ALEVÍN Pazos 0-13 ALEVÍN Pirata
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 16/12 | 18:00h
Triunfo do Alevín Pirata no duelo de alevíns noieses. Os goles, obra de Gorka Tomé x2, Álex Balderrábano x4, Hugo Tuñas x3, Álex Ferradás x2 e Adrián Mayo x2. O Alevín Pazos manténse sen puntuar, mentres o Alevín Pirata é 2º con 18 puntos.
ALEVÍN Altamirano 2-2 AD Codima "B"
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 16/12 | 13:00h
Meritorio empate do Alevín Altamirano contra un dos equipos da zona alta da clasificación, nun axustado partido que finalizou 2-2. Dianas noiesas, de Eiden Abrahan e Gael González. Na tába, os nosos son 6º con 4 puntos. Disfruta AQUÍ da GALERÍA do encontro.
BENXAMÍN Pola 16-0 EFS Trasgos "A"
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 16/12 | 10:00h
Vitoria do Benxamín Pola no seu enfrontamento na mañá do sábado contra o EFS Trasgos "A". Marcaron os goles Nicolás del Río x5, Daniel Castaño, Luca Santiago x2, Tiago Rodríguez x5, Teo Louro e Diego Suárez x2. Os nosos ocupan na táboa a 3ª praza con 16 puntos. Consulta AQUÍ a GALERÍA.
BENXAMÍN Sarmiento 3-11 Club Melide FS
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 16/12 | 16:00h
Non puido o Benxamín Sarmiento co Club Melide FS, caendo por 3-11 no electrónico. Aleixo Campos e Jorge Abeijón x2 anotaron os tantos, e na clasificación mantéñense 6º sen puntuar.
PREBENXAMÍN Matheus e Attos 1-3 At. Fátima "A"
X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 16/12 | 17:00h
Derrota do Prebenxamín Matheus e Attos no seu partido contra o Atlético Fátima "A" por 1-3. Na clasificación os nosos son 5º con 6 puntos.
PREBENXAMÍN Machado e Power 4-0 At. Fátima "B" X8 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 16/12 | 11:00h
Triunfo do Prebenxamín Machado e Power no seu encontro ante o Atlético Fátima "B". Na táboa, os noieses quedan 2º con 11 puntos. Encontra AQUÍ a mellor GALERÍA do partido.
Commenti