top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Marcadores de Entroido!

  • 6 days ago
  • 2 min read

Xoves, 19/02/2026 · 22:15h


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS levou a cabo unha repartida xornada polo Entroido, cos seguintes resultados!



CADETE 3-2 Caranza FS
X20 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 15/02 | 18:30h

O Cadete de Pablo Cardoso logrou unha gran vitoria o pasado domingo 15 por 3-2 fronte ao Caranza FS en partido da 20ª xornada de Preferente Futgal FS. Os tantos noieses foron obra de Bruno Regos, Liam Barrio e en propia portería. Con estes tres puntos, os nosos son 13º con 9.



INFANTIL 1-0 SDCyR Narón O Freixo "A"
X20 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 15/02 | 16:00h

O Infantil de Iván Fernández realizou unha xornada perfecta. Empezando co triunfo por 1-0 contra o SDCyR Narón O Freixo "A", grazas ao solitario gol de Manuel Fernández que lles fixo levar a palma.



INFANTIL 6-2 O Esteo FS
X17 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | MAR. 17/02 | 18:45h

E terminou con outra vitoria, tamén no Municipal Agustín Mourís, o martes 17 contra o O Esteo FS no partido aprazado da 17ª xornada de Preferente Futgal FS. Os brancos gañaron por 6-2, coas dianas de Ruy Caamaño x3, Luca Collura, Hugo Tuñas e Isaac Martínez. Con estes dous triunfos, os nosos saen da zona de descenso e sitúanse 9º con 16 unidades.



Club Melide FS 7-1 INFANTIL
X12 Primeira Futgal FS | MÉR. 18/02 | 17:00h

O Infantil caeu o mércores 18 por 7-1 na cancha do Club Melide FS, en duelo da xornada 12 de Primeira Futgal FS, aprazado no seu día. O gol noiés foi de Adrián Mayo. Na táboa, 10º posto con 6 puntos.

Comments


bottom of page