top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así se deu unha nova xornada!


Luns, 17/03/2025 · 22:05h · Imaxe: Alejandro Lorenzo


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS concluiu outra fin de semana de partidos cos seguintes resultados!



CD Laca 4-3 CADETE Rubi e Douglas
X3 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | SÁB. 15/03 | 12:00h

O Cadete Rubi e Douglas non puido facer o tres de tres no seu duelo contra o CD Laca, que levou a vitoria por 4-3. Os tantos dos noieses, que seguen 1º con 6 puntos nun triple empate, foron obra de Gabriel Cutrín.




Oroso FS CD 4-1 INFANTIL Pirata
X2 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | SÁB. 15/03 | 18:00h

O Infantil Pirata caeu por 4-1 fronte ao Oroso FS CD. O único tanto branco foi de Javier Sampedro. 3ª praza con 3 puntos nunha clasificación totalmente igualada, cos catro conxuntos presentando a mesma puntuación.



ALEVÍN Schütt e Á. García 1-1 Alto do Vento FS "B"
X3 Liga Regular 1ª Div. Gr 1. Primeira Futgal FS | DOM. 16/03 | 19:30h

O Alevín Schütt e Álex García igualou contra o Alto do Vento FS "B" por 1-1 nun axustado partido no Mourís. O gol noiés asinouno Tiago Rodríguez e na táboa os nosos son 3º con 4 puntos tras 3 partidos.



BENX. Pazos e Altamirano 1-3 EDS Santa Marta
X2 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | SÁB. 15/03 | 16:30h

O Benxamín Pazos e Altamirano perdeu por 1-3 no seu choque contra o EDS Santa Marta, con Jorge Abeijón logrando a diana noiesa. Tras dous partidos da segunda fase, os brancos son 4º sen puntos.



Alto do Vento FS "B" 9-1 BENX. Rufino
X2 Liga Regular 2ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | SÁB. 15/03 | 13:00h

O Benxamín Rufino non puido sumar fronte ao Alto do Vento FS "B", que logrou o triunfo por 9-1. O tanto noiés foi de Pablo Gosende. Na táboa, 3ª praza sen puntuar para os nosos despois de dúas xornadas.




PB Diego e Power 4-0 Victoria FC
X15 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 16/03 | 17:00h

O Prebenxamín Diego e Power gañou por 4-0 no seu partido ante o Victoria FC no Pavillón Alonso Rodríguez. Os nosos ocupan a 4ª posición con 28 puntos.



PB Montero e Iván 3-1 Club Melide FS
X15 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 16/03 | 18:00h

O Prebenxamín Montero e Iván superou por 3-1 ao Club Melide FS no Pavillón Alonso Rodríguez e mantense ao rebufo do PB Diego e Power, 5º con 28 unidades.





Comments


bottom of page