top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así comezaron os torneos de Copa!



Fin de semana de moita actividade na Escola Deportiva noiesa, con principal protagonismo para o inicio dos torneos de Copa, cos seguintes resultados.


XUVENIL

Triunfo contundente do Xuvenil de Daniel Ventoso, por 9-0 contra o Oroso FS CD "B", para comezar andaina no Grupo 2 da Copa de 1ª Autonómica. Os goles, obra de Álvaro Fernández, Roi Castro, Hugo Romero x3, Álex Calvo x2, Fernando García e Iago Insua.


CADETE

A maior vitoria do curso para o Cadete de 1ª Autonómica, que goleou ao UD Estrada FS por 9-1 na xornada 21. Anotaron os tantos Damián Alborés, Iván Fernández x4, Alejandro Hermida, Adrián Teijeiro, Jorge Outón e Fabio Gesto. Os de Julio Moreno ocupan a 8ª praza con 16 puntos.


INFANTIL

Triunfo do Infantil para arrancar o Grupo 1 da Copa de 1ª Autonómica, por 4-7 na cancha do EFS Trasgos, grazas aos goles de Adrián Yáñez e Gabriel Cutrin x6.


ALEVÍN

O Alevín tamén goleou na súa estrea no Grupo 1 copeiro, superando por 1-14 ao EFS Trasgos. Conseguiron os tantos Nicolás Barreiro x2, Iván Queiro x3, Ero Baamonde, Pablo Seoane, Samuel Fernández, Luis Castro x2, Hugo Leis x3 e Adrián Vidal.


BENXAMÍN

Derrota do Benxamín para comezar o seu concurso copeiro, por un resultado de 0-10 fronte o Alto do Vento FS "B".


PREBENXAMÍN

Ningún dos conxuntos do Prebenxamín puido sacar ningún punto do seu debut na Copa. O Prebenxamín "A" caeu por 1-3 ante o CD Sar Extramundi, e o Prebenxamín "B" por 0-4 contra o Dubra SD.


BIBERÓN

Debutaron os máis pequenos da nosa Escola Deportiva, e fixérono o domingo contra o Villestro SD "B". O resultado, unha derrota por 1-2


Tres derrotas en Liga Xogade


Ningún dos nosos tres conxuntos (Prebenxamín, Benxamín e Alevín) puido co ED Os Miudos "A" nos duelos da xornada 18 de Liga Xogade disputados o pasado venres.


Comments


bottom of page