Por última vez, a fin de semana de partidos da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS estivo protagonizada soamente polo Xuvenil de Galega, que venceu en A Coruña.
5 Coruña FS "B"-Mera FS 3-8 XUVENIL | DOM. 15/10 | 18:00h | Pavillón Novo Mesoiro
Os de Daniel Ventoso superaron con contundencia ao 5 Coruña FS "B"-Mera FS na súa visita ao Pavillón Mesoiro, na quinta xornada da Liga Xuvenil Galega. Mateo Vázquez, Oliver Chenel x2, Álvaro Fernández, Xavi Souto x2 e Fernando García x2 anotaron os tantos dos noieses, que ascenden á segunda praza da clasificación, só por detrás do Pescados Rubén Burela FS e empatados a 12 puntos con Os Meigallos FS e Alto do Vento FS.
コメント