top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Marcadores dunha nova xornada de marzo

  • 4 hours ago
  • 2 min read

Mércores, 18/03/2026 · 10:30h · Imaxe: Alejandro Lorenzo


Así lle foi á Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS nunha xornada que se prolongou ata o martes!



CADETE 3-7 Troula Betanzos FS
X24 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 15/03 | 19:00h

O Cadete de Pablo Cardoso non puido sumar na visita do Troula Betanzos FS ao Mourís, con resultado final de 3-7. Os tantos noieses foron de Xan Martínez, Iago Prado e Lorenzo Rougier. Na tábloa, os nosos son 13º con 9 puntos.



INFANTIL 2-7 Troula Betanzos FS
X24 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 15/03 | 17:30h

O Infantil de Iván Fernández cedeu por 2-7 na casa fronte ao Troula Betanzos FS na 24ª xornada de Preferente Futgal FS. Os goles locais correron a cargo de Manuel Fernández e Alexis Boo. Na clasificación, os noieses sitúanse 12º con 16 puntos.



INFANTIL 5-1 CD CompoSala "B"
X16 Primeira Futgal FS | MAR. 17/03 | 18:00h

O Infantil logrou unha gran vitoria este martes por 5-1 contra o CD CompoSala "B" pola 16ª xornada de Primeira Futgal FS. Os goles anotáronos Hugo González x3, Iker Filgueira e Rodrigo Lamiño. Con este +3, os nosos álzanse á 9ª praza con 9 puntos.



ALEVÍN 8-1 AD Codima "C"
X16 Primeira Futgal FS | SÁB. 14/03 | 19:00h

O Alevín superou no Mourís ao AD Codima "C" por 8-1, no seu partido da xornada 16 de Primeira Futgal FS. Encargáronse de conseguir os goles noieses Luca Santiago, Eduardo Barreiro, Tiago Rodríguez, Anxo Priegue x2, Jorge Abeijón, Emma Túñez e Álvaro Couto. Na táboa, ocupan a 7ª praza con 27 puntos.


Consulta AQUÍ a GALERÍA | Imaxe: Alejandro Lorenzo
Consulta AQUÍ a GALERÍA | Imaxe: Alejandro Lorenzo


BENX. "A" 2-2 EFS Trasgos "A"
X4 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 2ª Div. | DOM. 15/03 | 16:00h

O Benxamín "A" igualou por 2-2 fronte ao AD Codima "B" na casa na xornada 4 da Liga Regular de 2ª División de Primeira Futgal FS. Os dous goles noieses conseguíronos Brais Dosil e Javier Dosil. Primeiro punto para os nosos, que se posicionan 5º na clasificación.



AD Codima 3-1 BENX. "B"
X4 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | DOM. 15/03 | 16:00h

O Benxamín "B" non logrou sumar no Municipal de Restollal santiagués contra o AD Codima, que levou o duelo da xornada 4 da Liga Regular de 1ª División de Primeira Futgal FS por 3-1. O único tanto noiés foi de Simón Rodríguez. Na clasificación, 4º posto con 3 puntos.



PREBENX. 0-4 AD Codima
X16 Primeira Futgal FS | SÁB. 14/03 | 10:00h

O Prebenxamín caeu por 0-4 contra o AD Codima el sábado, en partido da xornada 16 de Primeira Futgal FS. Na táboa, os nosos son 5º con 19 puntos.

Comments


bottom of page