
Luns, 17/02/2025 · 18:35h
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS afrontou unha nova fin de semana de partidos, pechando fases ligueiras e recuperando partidos aprazados cos seguintes marcadores!
Alto do Vento FS 10-0 XUVENIL Peixe e Garrincha
X14 Primeira Futgal FS | DOM. 16/02 | 20:00h
O Xuvenil Peixe e Garrincha perdeu por 10-0 no seu partido contra o Alto do Vento FS. Desta maneira, pechan a Primeira Futgal FS en 6ª praza con 12 puntos.
AD Codima 6-2 CADETE Rubi e Douglas
X12 Fase Previa Primeira Futgal FS | VEN. 14/02 | 20:00h
O Cadete Rubi e Douglas caeu o venres por 6-2 no seu duelo aprazado da xornada 12 ante o AD Codima. Os goles noieses foron de Samuel Veiga e Gabriel Cutrin.
CADETE Rubi e Douglas 4-4 Oroso FS CD "B"
X15 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 15/02 | 19:00h
No segundo encontro do Cadete Rubi e Douglas, empate contra o Oroso FS CD "B" no Agustín Mourís por 4-4, cos tantos de Isaac Sampedro, Gabriel Cutrin e Bruno Regos x2. Os nosos finalizan esta fase previa ligueira 7º con 23 puntos.
A Estrada Futsal 1-7 INFANTIL Pirata
X14 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 16/02 | 12:00h
O Infantil Pirata superou por 1-7 ao A Estrada Futsal, grazas ás dianas de Iván Queiro, Isaac Martínez, Massamba Diop x2, Adrián Mayo x2 e Elena Pérez. A falta dunha xornada, os noieses ocupan a 6ª praza con 25 puntos.
At. Fátima 1-7 ALEVÍN Schütt e Á. García
X10 Fase Previa Primeira Futgal FS | VEN. 14/02 | 19:05h
O Alevín Schütt e Álex García gañou no seu partido fronte ao At. Fátima, aprazado da 10ª xornada, por 1-7, cos goles de Adrián Mayo x3, Tiago Rodríguez, Hugo González x2 e Daniel Castaño.
ALEVÍN Schütt e Á. García 7-0 EFS Trasgos
X13 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 16/02 | 19:00h
No segundo e definitivo partido da fin de semana, o Alevín Schütt e Álex García gañou ao EFS Trasgos por 7-0 na última xornada da fase previa, que pechan 5º con 28 unidades. Os goles foron de Iker Filgueira, Leo Pérez x2, Simón Rodríguez, Hugo González e Adrián Mayo x2.
BENX. Pazos e Altamirano 5-4 Jogafán Ordes FS
X13 Fase Previa Grupo 2 Primera Futgal FS | SÁB. 15/02 | 18:00h
O Benxamín Pazos e Altamirano levou a vitoria por 5-4 contra o Jogafán Ordes FS, por medio dos goles de Luca Santiago, Ryan Mendes, Eduardo Barreiro x2 e Emma Túñez.
BENX. Pazos e Altamirano 3-3 At. Fátima
X10 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | DOM. 16/02 | 18:00h
O domingo, o Benxamín Pazos e Altamirano recuperou contra o At. Fátima o partido pendente da 10ª xornada da fase previa de Liga, finalizado con empate 3-3. Os tantos noieses foron de Luca Santiago x3. Na clasificación sitúanse 6º con 11 puntos a falta dunha xornada.
BENX. Rufino 3-3 Jogafán Ordes FS "B"
X13 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | SÁB. 15/02 | 17:00h
O Benxamín Rufino tamén empatou 3-3 contra o Jogafán Ordes FS "B", dianas de Xavi Louro e Pablo Gosende x2. Na táboa son 7º con 7 puntos.
PB Diego e Power 1-2 Jogafán Ordes FS
X12 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 16/02 | 17:00h
O Prebenxamín Diego e Power perdeu no seu partido contra o Jogafán Ordes FS por 1-2 no Mourís. Os nosos son 4º con 22 puntos.
Victoria FC 0-4 PB Montero e Iván
X12 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 15/02 | 18:25h
O Prebenxamín Montero e Iván conseguiu a vitoria por 0-4 na súa visita ao Victoria FC. Os brancos son 5º con 19 puntos.
Comments