top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | 6 vitorias e 4 derrotas na primeira xornada do 2024!


Imaxe do partido do Alevín Pirata (foto: Manuel Lorenzo)

Con 6 vitorias e 4 derrotas comezou o ano a Escola Deportiva na súa primeira semana de partidos, co Xuvenil de Galega consolidando o seu liderado, o segundo triunfo seguido do Xuvenil Rufino e máis!


Grelo Troula Betanzos FS 3-5 XUVENIL
X14 Liga Galega | SÁB. 13/01 | 19:00h

O Xuvenil de Galega reafirma o seu liderado con 6 puntos de diferenza sobre o máximo perseguidor, o Pescados Rubén Burela FS, ao superar o sábado ao Grelo Troula Betanzos por 3-5. Oliver Chenel x2, Mateo Vázquez e Álvaro Fernández x2 foron os autores dos tantos noieses no Municipal de Betanzos.


XUVENIL Rufino 3-0 A Estrada Futsal
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 13/01 | 13:30h

De ningunha a dúas seguidas, o Xuvenil Rufino continúa á alza, despois de superar por 3-0 ao A Estrada Futsal, grazas aos goles de Nicolás Hermida, Roi Castro e Iván Fernández. Os brancos ascenden á 9ª praza con 7 puntos.


CADETE Lluc 2-3 CD Compañía de María
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 13/01 | 10:00h

Nun encuentro de alternativas, o Cadete Lluc non puido sumar contra un dos equipos da zona alta do seu grupo. William Ons convertiu os dous goles dos noieses, que se quedan 6º con 10 puntos na táboa.


Oroso FS CD 4-1 CADETE Henrique e Jabá
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 13/01 | 13:30h

Tampouco puido sacar puntos o Cadete Henrique e Jabá da súa visita ao Oroso FS CD. Bosco Cameán anotou o único tanto dos brancos, que son 6º con 5 puntos na clasificación.


ALEVÍN Pirata 10-0 Jogafán Ordes FS "B"
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 14/01 | 17:00h

Contundente triunfo do Alevín Pirata na tarde de domingo no Agustín Mourís sobre o Jogafán Ordes FS "B". Os tantos, obra de Álex Balderrábano, Ruy Caamaño x5, Nicolás Barreiro, Álex Ferradás x2 e Adrián Mayo, manteñen ao equipo noiés 2º con 21 puntos. Consulta AQUÍ a GALERÍA do partido.


Alto do Vento FS "C" 14-0 ALEVÍN Pazos
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 13/01 | 16:45h

Derrota do Alevín Pazos no seu enfrontamento como visitante ante o Alto do Vento FS "C".


BENXAMÍN Pola 3-0 Oroso FS CD "B"
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 13/01 | 11:00h

Os goles de Nicolás del Río, Martín Suárez e Teo Louro provocaron o triunfo do Benxamín Pola contra o Oroso FS CD "B", que sitúa aos noieses 3º con 19 puntos.


BENXAMÍN Sarmiento 0-9 Jogafán Ordes FS
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 13/01 | 11:50h

Non correu a mesma sorte o Benxamín Sarmiento, que caeu derrotado por 0-9 contra o Jogafán Ordes FS.


PREBENXAMÍN Matheus e Attos 3-1 Jogafán Ordes FS "B"
X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 13/01 | 12:35h

Triunfo do Prebenxamín Matheus e Attos por 3-1 ante o Jogafán Ordes FS "B". Na táboa son 5º con 9 puntos.


PREBENXAMÍN Machado e Power 3-0 UD Estrada FS X9 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 14/01 | 16:00h

Tamén ganou no seu partido o Prebenxamín Machado e Power por 3-0 contra o UD Estrada FS. Tras este encontro, na táboa clasificatoria están 2º con 14 puntos.







Comments


bottom of page