top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil, en semifinais de Copa



Dúas vitorias e catro derrotas foron os resultados colleitados polas nosas inferiores esta pasada fin de semana.


XUVENIL

O equipo de Daniel Ventoso, a pesar de ceder por 2-5 na última xornada da fase de grupos, xogará a semifinal da Copa de 1ª Autonómica. Luis Viñas conseguiu os dous goles dos noieses, que se enfrontarán na semifinal ao Stellae FS.



CADETE

O equipo de Julio Moreno goleou por 10-4 no seu último partido como local en Liga. Iván Fernández x3, Alejandro Hermida, Adrián Yáñez x2, Jose Prego, Joel García, Damián Alborés e Adrián Teijeiro anotaron as dianas dos brancos, que son 8º con 25 puntos na clasificación.


ALEVÍN

O conxunto dirixido por Iván Insua caeu por 9-0 na súa visita ao Victoria FC "A" na penúltima xornada do seu grupo de Copa. Na táboa son 3º con 6 puntos.


BENXAMÍN

O Benxamín caeu derrotado polo Stellae FS o pasado sábado no Municipal Agustín Mourís.



PREBENXAMÍN

Vitoria para o Prebenxamín "A", por 3-1 sobre o Bertamiráns CF, pechando así o grupo de Copa na segunda praza con 6 puntos, e derrota para o Prebenxamín "B", por 0-4 contra o Alto do Vento FS, rematando o seu concurso 3º de grupo sen puntos.


Commentaires


bottom of page