top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O PB Matheus e Attos finaliza primeiro a última fase ligueira!


Momento do partido entre PB Matheus e Attos contra o Atlético Fátima "A" (foto: Manuel Lorenzo)

Unha fin de semana chea de partidos e emocións chegou ao seu fin con 5 vitorias e 6 derrotas para a Escola Deportiva noiesa!



Os Meigallos FS 2-7 XUVENIL
X25 Liga Galega FS | DOM. 14/04 | 18:00h

Vitoria contundente do líder, antes do importante partido da próxima xornada, frente ao Os Meigallos por 2-7. Anotaron os goles brancos Fernando García, Miguel Romero x2, Oliver Chenel x3 e Mateo Varela, e a táboa afiánzaos nese primeiro posto con 63 puntos, +5 sobre o seu vindeiro rival e máximo perseguidor, Pescados Rubén Burela FS.



A Estrada Futsal 2-1 XUVENIL Rufino
X20 1ª Autonómica - Fase Previa | VIE. 12/04 | 20:00h

Derrota do Xuvenil Rufino na súa visita a A Estrada por 2-1, co gol noiés levando a sinatura de Roi Castro. Os brancos quedan 8º con 16 puntos.



CADETE Lluc 0-9 Alto do Vento FS
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 14/04 | 19:00h

O Cadete Lluc perdeu no seu partido da segunda xornada copeira contra o Alto do Vento FS no Municipal Agustín Mourís por 0-9. Tras dous partidos son 6º con 1 punto.



CADETE Henrique e Jabá 3-6 At. Fátima
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 14/04 | 16:00h

O Cadete Henrique e Jabá pugnou ata o tramo final cun Atlético Fátima que acabou levándose o triunfo por 3-6. Adrián Yáñez x2 e Mateo Castro conseguiron os goles dos noieses, que son 5º con 3 puntos tras dous partidos.



Club Melide FS 2-9 ALEVÍN Pirata
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 13/04 | 18:00h

Dous de dous en Copa para o Alevín Pirata, que gañou na súa visita a Melide por 2-9, grazas aos goles de Álex Balderrábano x4, Álex Ferradás, Nicolás Barreiro, Gorka Tomé e Adrián Mayo x2. Os noieses encabezan a táboa con 6 puntos.



EFS Rodeiro 2-7 ALEVÍN Altamirano
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | VEN. 12/04 | 19:00h

E tamén no máis alto cos mesmos 6 puntos está o Alevín Altamirano, que superou ao EFS Rodeiro por 2-7. Os goles, de Iván Queiro, Eiden Abrahan x2, Manuel Nimo, Adrián Vidal x2 e Gael González.



ALEVÍN Pazos 0-10 Jogafán Ordes FS "B"
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 14/04 | 11:30h

O Alevín Pazos perdeu por un resultado final de 0-10 contra o Jogafán Ordes FS "B" no Municipal Agustín Mourís.



BENXAMÍN Pola 8-1 EFS Trasgos "A"
X10 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 14/04 | 12:30h

O Benxamín Pola pechou a segunda fase de Liga gañando por 8-1 no seu partido contra o EFS Trasgos "A". Os goles noieses, de Martín Suárez, Diego Suárez x3, Nicolás del Río x2 e Daniel Castaño x2. Na táboa finalizan 4º con 10 puntos.



BENXAMÍN Sarmiento 2-4 AD Codima "B"
X10 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | DOM. 14/04 | 13:30h

O Benxamín Sarmiento perdeu por 2-4 contra o AD Codima "B" no seu último compromiso da segunda fase ligueira, con Aleixo Campos e Manuel Dosil logrando os goles brancos. O equipo noiés finalizou 4º con 14 puntos.



PB Matheus e Attos 2-1 At. Fátima "A" X10 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 14/04 | 18:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos remontou para gañar ao Atlético Fátima "A" e terminar como primeiro clasificado da liga regular do grupo 1 de 1ª Autonómica con 22 puntos! Parabéns, rapaces! A GALERÍA do partido, AQUÍ!



PB Machado e Power 1-2 AD Codima
X10 1ª Autonómica Liga Regular Título | DOM. 14/04 | 17:00h

O Prebenxamín Machado e Power xogou un disputado partido contra o AD Codima que finalizou con 1-2 para os visitantes. A GALERÍA do partido, AQUÍ!






bottom of page