top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Tres partidos suspendidos esta pasada fin de semana



As consecuencias das inclemencias climatolóxicas que vive Galicia as últimas semanas provocaron que ata 3 partidos da nosa Escola se viran suspendidos esta pasada fin de semana. No resto, un balance de 5 vitorias e 2 derrotas.


Grupo Forma-t Vilalba FS vs XUVENIL
X9 Liga Galega | DOM. 12/11 | 12:30h

Suspendido por mala condición da pista.


Oroso FS CD vs XUVENIL Rufino
X4 1ª Autonómica Fase Previa | SÁB. 11/11 | 13:00h

Suspendido por mala condición da pista.


CADETE Lluc 3-1 Jogafán Ordes FS "B"
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 11/11 | 11:00h

Segunda vitoria en dous partidos na casa para o Cadete Lluc, que superou ao Jogafán Ordes FS "B" cos goles de Fabio Gesto e Damián Alborés x2. Os nosos colócanse 5º con 6 puntos.


Club San Francisco Teo 4-3 CADETE Henrique e Jabá
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 11/11 | 10:00h

Derrota do Cadete Henrique e Jabá, nun partido no que se quedaron ao bordo da remontada. Ismael Trillo x2 e Mateo Castro conseguiron os tantos dos brancos, que se quedan 4º con 4 puntos na táboa.


EDS Santa Marta 3-6 ALEVÍN Pirata
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 12/11 | 12:00h

Regresou ao triunfo o Alevín Pirata contra o EDS Santa Marta, grazas aos goles de Ruy Caamaño x3, Nicolás Barreiro x2 e Hugo Tuñas, que os colocan líderes con 9 puntos.


Jogafán Ordes FS vs ALEVÍN Altamirano
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 11/11 | 17:00h

Suspendido por mala condición da pista.


Oroso FS CD "B" 0-10 BENXAMÍN Pola
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 12/11 | 12:00h

Terceira vitoria seguida do Benxamín Pola, que gañou o seu partido ante o Oroso FS CD "B" con goles de Nicolás del Río x4, Tiago Rodríguez x2, Diego Suárez x3 e Teo Louro. Na clasificación póñense 2º con 9 puntos.


Jogafán Ordes FS 9-1 BENXAMÍN Sarmiento
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 11/11 | 11:00h

Caeu o Benxamín Sarmiento como visitante contra o Jogafán Ordes FS. Manuel Dosil anotou o único tanto noiés.


Jogafán Ordes FS "B" 0-3 PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 12/11 | 17:30h

Vitoria do Prebenxamín Matheus e Attos contra o Jogafán Ordes FS "B", e na clasificación mantéñense 4º con 6 puntos.


UD Estrada FS 0-4 PREBENXAMÍN Machado e Power
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 12/11 | 16:00h

Tamén venceu o Prebenxamín Machado e Power en A Estrada, o que os coloca 2º con 5 puntos na táboa clasificatoria.



bottom of page