top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Tanteadores dunha nova xornada!

  • 3 days ago
  • 2 min read

Luns, 13/04/2026 · 18:51h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Desta maneira se resolveu unha nova xornada de acción para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS!



XUVENIL 5-1 Oroso FS CD
X1 Copa Primeira Futgal FS - Grupo 2 | DOM. 12/04 | 10:00h

O Xuvenil de Julio Moreno comezou a Copa cun gran triunfo por 5-1 sobre o Oroso FS CD. Os tantos brancos correron a cargo de Gabriel Cutrin, Xavi Fernández, Mateo Castro, Bruno Regos e en propia meta. Así, os nosos sitúanse 1º con 3 puntos.


Consulta AQUÍ a GALERÍA do partido | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Consulta AQUÍ a GALERÍA do partido | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


INFANTIL 2-5 Os Meigallos FS
X2 Copa Preferente Futgal FS - Subgr. 1B | SÁB. 11/04 | 18:15h

O Infantil de Iván Fernández non puido sumar fronte ao Os Meigallo FS no duelo da xornada 2 do Subgrupo 1. Os dous goles noieses foron obra de Adrián Mayo e Hugo Tuñas. Na táboa, 4ª posición sen puntos.



A Estrada Futsal 7-5 INFANTIL
X19 Primeira Futgal FS | SÁB. 11/04 | 12:00h

O Infantil cedeu na pista do A Estrada Futsal, nun duelo cargado de goles, por 7-5. Os brancos anotáronos Hugo González x2, Elena Pérez, Rodrigo Lamiño e Hugo Horta. Na táboa, os nosos son 10º con 9 puntos.



ALEVÍN 3-4 Jogafan Ordes FS "B"
X2 Copa Primeira Futgal FS - Gr. 5 | SÁB. 11/04 | 16:00h

O Alevín perdeu pola mínima ante o Jogafan Ordes FS "B". Converteron Lois Calviño x2 e Luca Santiago por parte do Portus Apostoli. Tras dúas xornadas, os nosos seguen 2º de grupo sen puntos.



Victoria FC 7-0 BENX. "A"
X2 Copa Primeira Futgal FS - Gr. 1 | SÁB. 11/04 | 19:00h

O Benxamín "A" caeu na súa visita ao Victoria FC na segunda xornada copeira. Tras este partido, os noieses son 4º de grupo sen puntos.

Comments


bottom of page