top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así foi unha xornada de varias decisións!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 7 days ago
  • 2 min read

Luns, 14/04/2025 · 13:10h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS gozou esta fin de semana dunha xornada con moitos resultados importantes!



CADETE Rubi e Douglas 4-2 CD Laca
X6 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | VIE. 11/04 | 21:15h

O Cadete Rubi e Douglas clasifícase á fase eliminatoria polo título como 1º de grupo con 12 puntos, tras superar ao CD Laca por 4-2, grazas aos goles de Samuel Veiga, Adrián Yáñez x2 e Bruno Regos.



INFANTIL Pirata 4-0 AD Codima "B"
X6 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 13/04 | 19:00h

Como segundo empatado a 12 puntos co primeiro accede tamén á fase final o Infantil Pirata, que gañou no seu duelo fronte ao AD Codima "B" por 4-0, cos tantos de Sebastián Franco x2 e Ruy Caamaño x2.



ALEVÍN Schütt e Á. García 1-1 Victoria FC
Fase Final 1ª Div. Semifinal (ida) Primeira Futgal FS | DOM. 13/04 | 17:00h

O Alevín Schütt y Álex García igualou 1-1 na ida de semifinais do seu título ligueiro contra o Victoria FC, deixando todo por decidir no encontro de volta. O gol noiés foi obra de Adrián Mayo.



BENX. Pazos e Altamirano 9-2 Victoria FC
X6 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 13/04 | 18:00h

O Benxamín Pazos e Altamirano rematou con triunfo por 9-2 ante o Victoria FC a fase regular de Liga. Os goles de Manuel Estaire x2, Ryan Mendes x2, Álvaro Couto, Anxo Priegue, Jorge Abeijón x2 e Eduardo Barreiro permiten aos noieses finalizar 3º con 6 puntos.



Victoria FC "B" vs BENX. Rufino
X6 Liga Regular 2ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | SÁB. 12/04 | 20:00h

Partido suspendido entre o Benxamín Rufino e o Victoria FC "B", con nova data e hora por determinar.



Jogafán Ordes FS 2(3)-2(4) PB Diego e Power
Fase Final Liga Regular Semifinais Primeira Futgal FS | SÁB. 12/04 | 17:45h

O Prebenxamín Diego e Power venceu na tanda de penaltis o seu partido de semifinais de Liga ante o Jogafán Ordes FS tras empatar 2-2 no tempo regulamentario, o que os clasificou para a gran final do domingo.



PB Diego e Power 0-2 Alto do Vento FS
Fase Final Liga Regular Final Primeira Futgal FS | DOM. 13/04 | 17:00h

E na final disputada en Boqueixón os nosos caeron ante o Alto do Vento FS por 0-2, proclamándose subcampións ligueiros. Gran traballo, rapaces, estamos moi orgullosos de vós!






Comments


bottom of page