top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil acariña o título ligueiro!



O noso Xuvenil está moi preto de cantar campión! Todo iso e máis, no resumo desta pasada fin de semana na Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS.


XUVENIL

A vitoria do venres por 2-3 na cancha do Oroso FS CD (goles de Jorge, Pau e Brais) e a suspensión do encontro do domingo por incomparecencia do Club Melide FS deixa aos de Daniel Ventoso a un pasiño do título ligueiro! Incluso caendo derrotado na última xornada, os noieses teñen moitísimas opcións de conquistar a Liga! Enormes!


CADETE

Empate do Cadete de Liga Galega na cancha do Fisober FSF, un dos rivais directos polo título. Os noieses continúan primeiros, agora con 51 puntos, despois dos goles de Martín Neo, Álvaro Fernández x2, Daniel García, Fernando García e Miguel Romero.


O Cadete de 1ª Autonómica caeu derrotado na pista do Alto do Vento FS "B" por 10-4. Os goles brancos foron obra de William Ons, Adrián Bua x2 e Adrián Yáñez. Na clasificación son oitavos con 13 puntos.


INFANTIL

Perdeu o Infantil de Pablo Cardoso contra o Alto do Vento FS por 10-3. Gabriel Cutrin x2 e Adrián Yáñez anotaron os tantos noieses, que son 2º con 15 puntos na clasificación.



ALEVÍN

Dobre vitoria para o Alevín de Iván Insua, que o venres gañou á SD Esteirana "A" por 3-0 e o sábado fixo o mesmo contra o EFS Trasgos por 1-10. Iván Queiro x4, Luis Castro x3, Nicolás Barreiro x2 e Pablo Seoane conseguiron os goles dos brancos.


BENXAMÍN

Sorte dispar para o Benxamín, que caeu en Liga Xogade por 0-2 fronte a SD Esteirana "A" pero gañou en 1ª Autonómica por 7-3 ao Oroso FS CD. Os goles noieses, obra de Carlos Piñeiro x2, Martín Suárez x3, Luca Santiago e Hugo González. Na táboa son 6º con 6 puntos.


PREBENXAMÍN

Non correu a mesma sorte o Prebenxamín, que tivo dobre derrota. En Liga Xogade por 0-2 contra a SD Esteirana "A" e en 1ª Autonómica por 4-0 contra o Alto do Vento FS.

bottom of page