top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Primeiros marcadores de febreiro!


Luns, 03/02/2025 · 19:00h


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS iniciou febreiro disputando unha alta cantidade de partidos, debido aos aprazados pendientes, cos seguintes resultados!



XUVENIL Peixe e Garrincha 2-3 Club Melide FS
X12 Primeira Futgal FS | DOM. 02/02 | 16:00h

O Xuvenil Peixe e Garrincha cedeu pola mínima na visita ao Mourís do Club Melide FS. Os goles noieses foron de Carlos Suárez e Gabriel Cutrin. Na táboa ocupan a 6ª praza con 9 puntos.



CADETE Rubi e Douglas 13-1 A Estrada Futsal
X13 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 01/02 | 20:00h

O Cadete Rubi e Douglas goleou ao A Estrada Futsal por 13-1, grazas aos goles de Adrián Yáñez x3, Ismael Martínez, Xavi Fernández, Mateo Castro x2, Isaac Sampedro x3, Manuel Creo, Samuel Veiga e Bosco Cameán. Na clasificación son 7º con 19 puntos.



AD Codima "B" 2-1 INFANTIL Pirata
X12 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 01/02 | 20:00h

O Infantil Pirata caeu por 2-1 ante o AD Codima "B" o sábado, co gol branco sendo obra de Sebastián Franco.



INFANTIL Pirata 3-2 Alto do Vento FS "B"
X11 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 02/02 | 19:00h

O día seguinte, o Infantil Pirata resarciuse no aprazado contra o Alto do Vento FS "B", ao que superou por 3-2, cos tantos de Sebastián Franco, Ruy Caamaño e Nicolás Barreiro. Tras esta fin de semana de dous partidos, os noieses son 6º con 18 puntos.



ALEVÍN Schütt e Á. García 11-1 Club Melide FS
X11 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 02/02 | 17:00h

O Alevín Schütt e Álex García gañou no seu partido ante Club Melide FS por 11-1, coas dianas de Iker Filgueira x2, Hugo González x2, Tiago Rodríguez x3, Teo Louro x2, Adrián Mayo e Leo Pérez. Na táboa ocupan a 6ª praza con 19 puntos.



Alto do Vento FS "B" 6-1 BENX. Pazos e Altamirano
X11 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | SÁB. 01/02 | 18:00h

O Benxamín Pazos e Altamirano caeu o sábado ante o Alto do Vento FS "B" por 6-1, co único gol noiés obra de Luca Santiago. Na clasificación son 7º con 4 puntos.



Alto do Vento FS "C" 6-1 BENX. Rufino
X11 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | SÁB. 01/02 | 19:00h

O Benxamín Rufino perdeu o sábado no aprazado da xornada 11 fronte ao Alto do Vento FS "C", e o seu único tanto foi de Antonio Rodríguez.



BENX. Rufino 0-13 Alto do Vento FS
X10 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | DOM. 02/02 | 18:00h

O domingo, o Benxamín Rufino tampouco puido gañar contra o Alto do Vento FS, ao caer por 0-13. Tras a fin de semana de dobre partido, os nosos son 7º con 6 puntos.



PB Diego e Power 2-1 PB Montero e Iván
X10 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 01/02 | 19:00h

Vitoria do Prebenxamín Diego e Power no duelo noiés ante o Prebenxamín Montero e Iván. Tras este partido o PB Diego e Power é 4º con 19 puntos, mentres o PB Montero e Iván ocupa a 5ª praza con 16 unidades.





Comments


bottom of page