top of page

RESULTADOS ESCOLA DEPORTIVA | Así empezou maio!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • May 5
  • 3 min read

Luns, 05/05/2025 · 17:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS viviu unha nova xornada de grandes emocións para comezar o mes de maio!



CADETE Rubi e Douglas 4-2 Oroso FS CD
Semifinal (volta) Final Liga 1ª Div. Primeira Futgal FS | JUE. 01/05 | 17:45h

O Cadete Rubi e Douglas logrou o pase á gran final ligueira, tras reforzar o resultado de 2-3 da ida cunha nova vitoria, esta vez por 4-2, fronte ao Oroso FS CD no partido de vuelta das semifinais. Conseguiron os goles Adrián Yáñez x2, Gabriel Cutrin e Carlos Suárez.



Club Melide FS 3-11 CADETE Rubi e Douglas
Oitavos (ida) Copa Primeira Futgal FS | DOM. 04/05 | 19:00h

Dobre alegría para o Cadete Rubi e Douglas, que empeza con bo pé na ida dos oitavos de final de Copa ao superar por 3-11 ao Club Melide FS, cos tantos de Bruno Regos x2, Bosco Cameán x2, Xavi Fernández, Gabriel Cutrin, Mateo Castro, Adrián Yáñez x2 e Carlos Suárez x2.



INFANTIL Pirata 0-4 At. Fátima "B"
Oitavos (ida) Copa Primeira Futgal FS | JUE. 01/05 | 13:15h

O Infantil Pirata cedeu por 0-4 na ida de oitavos de Copa ante o Atlético Fátima "B" no Municipal Agustín Mourís.



Club Melide FS 6-3 INFANTIL Pirata
Semifinal (volta) Final Liga 1ª Div. Primeira Futgal FS | DOM. 04/05 | 18:00h

O Infantil Pirata tamén perdeu contra o Club Melide FS na volta de semifinais do torneo ligueiro, quedando eliminado da competición nun global de 11-6. Os goles brancos foron de Alexis Boo, Sebastián Franco Cucucovich e Pablo Sampedro.



Alto do Vento FS "B" 3-2 ALEVÍN Schütt e Á. García
Oitavos (ida) Copa Primeira Futgal FS | VIE. 02/05 | 20:45h

O Alevín Schütt e Álex García caeu pola mínima na ida de oitavos de Copa contra o Alto do Vento FS "B", nun 3-2 no que marcaron Adrián Mayo e Simón Rodríguez.



BENX. Pazos e Altamirano 12-1 AD Codima "B"
Oitavos (ida) Copa Primeira Futgal FS | SÁB. 03/05 | 16:15h

O Benxamín Pazos e Altamirano saiu da ida de oitavos de final copeira cunha ampla renta, ao gañar por 12-1 ao AD Codima "B". Lograron as dianas brancas Ryan Mendes, Eduardo Barreiro, Luca Santiago x3, Manuel Estaire x3, Jorge Abeijón x2, Lois Calviño e un en propia portería.



BENX. Rufino 1-9 CD CompoSala
Oitavos (ida) Copa Primeira Futgal FS | DOM. 04/05 | 17:30h

O Benxamín Rufino non puido saír con renda da ida de oitavos, perdendo por 1-9 contra o CD CompoSala, no que o único gol noiés foi de Martín Vedo.



AD Codima 2-1 PB Diego e Power
X2 Copa Grupo A Primeira Futgal FS | SÁB. 03/05 | 11:00h

O Prebenxamín Diego e Power perdeu por 2-1 ante o AD Codima na segunda xornada da fase de grupos de Copa. Os nosos son 2º con 3 puntos.


PB Montero e Iván 0-0 At. Fátima "A"
X2 Copa Grupo A Primeira Futgal FS | DOM. 04/05 | 16:30h

O Prebenxamín Montero e Iván empatou 0-0 fronte ao At. Fátima "A" no Agustín Mourís e suma o seu primeiro punto na fase de grupos copeira, onde se coloca cuarto.





Comments


bottom of page