
A fin de semana da Escola Deportiva noiesa concluiu con 4 vitorias, 1 empate e 6 derrotas, destacando un novo triunfo do Xuvenil de Liga Galega e o primeiro para o Alevín Altamirano e o Prebenxamín Matheus e Attos.
XUVENIL 10-2 IES Coruxo FS
X8 Liga Galega | DOM. 05/11 | 18:00h
Non deu opción algunha o conxunto de Daniel Ventoso ao seu rival, estabrecendo unha boa vantaxe no marcador xa na primeira metade e concretándoa na segunda. Mateo Varela, Miguel Romero, Álvaro Fernández, Oliver Chenel x2, Xavi Souto x2, Fernando García x2 e Mateo Vázquez foron os autores dos tantos noieses, que se sitúan 2º con 18 puntos, empatados co Pescados Rubén Burela FS e a 2 do líder Hércules FS, que ten un partido máis. AQUÍ A GALERÍA do encontro.
XUVENIL Rufino 2-6 Jogafán Ordes FS
X3 1ª Autonómica Fase Previa | DOM. 05/11 | 12:00h
O Xuvenil Rufino non aproveitou as súas ocasións e acabou pagándoo ante un Jogafán Ordes FS máis resolutivo, que se levou o partido por 2-6. Iván Fernández anotou os dous goles dos brancos, que se quedan 9º con 1 punto na táboa. AQUÍ A GALERÍA do partido.
La Salle 8-5 CADETE Lluc
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 04/11 | 10:00h
A reacción do Cadete Lluc chegou tarde, cando xa o La Salle vencía por 4-0, e iso condenou aos noieses á derrota. Manuel Fernández, Damián Alborés, Joel García, Jorge Outón e Adrián Teijeiro conseguiron as dianas dos nosos, que se colocan 5º con 3 puntos.
CADETE Henrique e Jabá 0-9 Jogafán Ordes FS
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 05/11 | 13:30h
Resistiu o que puido un Cadete Henrique e Jabá con baixas, que finalmente acabou claudicando de maneira ampla na casa e encaixando, desta forma, a súa primeira derrota. Na táboa son 4º con 4 puntos. GALERÍA DO PARTIDO, aquí.
ALEVÍN Pirata 5-9 AD Codima
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 04/11 | 16:45h
Tamén primeira derrota para o Alevín Pirata, nun partido de alternancias co AD Codima que caeu do lado rival. Os goles noieses, obra de Gorka Tomé x2, Adrián Mayo e Ruy Caamaño x2. Na clasificación mantéñense 2º con 6 puntos.
ALEVÍN Altamirano 5-1 EFS Rodeiro
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 05/11 | 11:00h
Primeiro triunfo da temporada para o Alevín Altamirano, que se impuxo ao EFS Rodeiro por 5-1, con goles de Iván Queiro x2, Adrián Vidal, Manuel Nimo e Eiden Abrahan Leal. 4º con 3 puntos se colocan na clasificación os noieses. AQUÍ, A GALERÍA do partido.
Club Melide FS 8-0 ALEVÍN Pazos
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 04/11 | 11:00h
Caeu o Alevín Pazos na súa visita a Melide por un resultado final de 8-0. Os nosos aínda continúan sen puntuar no grupo 1 da fase previa de Autonómica.
EFS Trasgos "A" 0-14 BENXAMÍN Pola
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 05/11 | 12:00h
Outro primeiro triunfo este curso foi o que obtivo o Benxamín Pola, que gañou na súa visita ao EFS Trasgos "A". Os goles do noso equipo lográronos Tiago Rodríguez x5, Luca Santiago x3, Martín Suárez x4, Teo Louro e Nicolás del Río. 2º con 6 puntos quedan na táboa.
Club Melide FS 8-2 BENXAMÍN Sarmiento
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 04/11 | 12:00h
Non tivo a mesma sorte o Benxamín Sarmiento, que perdeu na súa visita ao Club Melide FS. Os goles noieses, obra de Gabriel Martínez e Jorge Abeijón. Os nosos quedan aínda pendentes de sumar os seus primeiros puntos.
Atlético Fátima "A" 0-1 PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 04/11 | 12:15h
Primeira vitoria e primeiros puntos para o Prebenxamín Matheus e Attos, que gañou por 0-1 na pista do Atlético Fátima "A". Con este resultado, suben á 5ª praza con 3 puntos.
Atlético Fátima "B" 1-1 PREBENXAMÍN Machado e Power
X3 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 04/11 | 13:30h
E segundo empate en dous partidos para o Prebenxamín Machado e Power, esta vez contra o Atlético Fátima "B". Na clasificación do seu grupo son 3º con 2 puntos.

Comments