top of page

RESULTADO E HORARIO ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil de Galega, único en actividade



Nuns días protagonizados polos festivos da Semana Santa, a actividade da Escola Deportiva queda reducida ao Xuvenil de Liga Galega FS, que disputou un partido aprazado o mércores e xoga este venres un adiantado da vindeira xornada.



IES Coruxo FS 1-2 XUVENIL
X23 Liga Galega FS | MIÉ. 27/03 | 19:00h

Os cinco minutos que restaban do partido aprazado en Coruxo o pasado sábado 16 resolvéronse sen goles e, polo tanto, o Xuvenil logrou o triunfo por 1-2, grazas aos tantos de Xavi Souto e Mateo Vázquez. Os noieses regresan á renda de 5 puntos de diferenza sobre o Pescados Rubén Burela FS no liderado da táboa.



XUVENIL vs Grupo Forma-t Vilalba FS
X24 Liga Galega FS | VIE. 29/03 | 13:00h

E tras o aprazado, un adiantado. O equipo de Daniel Ventoso disputará o partido correspondente á próxima semana, da xornada 24, este venres ás 13:00h no Municipal Agustín Mourís ante o Grupo Forma-t Vilalba FS, 14º con 20 puntos.

bottom of page