top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Só 1 partido debido ao Entroido



O festivo por Entroido provoca que na jornada desta fin de semana se dispute un só partido, ademais en venres.


XUVENIL vs CP Casás
X18 Liga Galega | VEN. 09/02 | 21:00h

O único equipo das inferiores noiesas que non para por Entroido é o Xuvenil de Liga Galega, que afronta o seu encontro da xornada 18 ante o CP Casás, 11º con 16 puntos. Todos os partidos son importantes, e máis na pel dun líder da categoría como é o equipo de Daniel Ventoso, pero neste caso adquire un punto máis de relevancia ao visitar Noia o único opoñente que foi capaz, ata o momento, de derrotalos. É por iso que os brancos, ademais de non fiarse da posición do rival, buscarán con especial fixación o triunfo este mesmo venres 9 ás 21:00h no Agustín Mourís.

bottom of page