top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Só catro partidos nunha xornada reducida



As festividades destes días en Santiago de Compostela provocan que só se disputen 4 partidos esta xornada na Escola Deportiva noiesa, con 3 equipos envoltos.



XUVENIL vs Grelo Troula Betanzos FS
X29 Liga Galega FS | VIE. 10/05 | 21:45h

O campión de Liga Galega FS disputará este venres ás 21:45h o seu último partido na casa da temporada. Os de Daniel Ventoso recibirán ao Grelo Troula Betanzos FS, 9º con 34 puntos, coa ambición de despedirse dos seus con triunfo, antes de iniciar un novo capítulo na División de Honra.



La Salle vs CADETE Lluc
X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | JUE. 09/05 | 17:00h

O Cadete Lluc terá dobre compromiso nesta xornada, comezando polo choque contra La Salle deste mesmo xoves ás 17:00h, duelo aprazado no seu día pertencente á xornada 3 do seu grupo copeiro.



CADETE Lluc vs Oroso FS CD
X7 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 12/05 | 19:00h

O segundo partido da semana para o Cadete Lluc disputarase o domingo 12 ás 19:00h, cos noieses recibindo ao Oroso FS CD pola xornada 7.



CADETE Henrique e Jabá vs Oroso FS CD "B"
X5 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 11/05 | 12:30h

O Cadete Henrique e Jabá xogará o seu partido, da xornada 5 do seu grupo de Copa, este sábado 11 ás 12:30h no Complexo Deportivo Juan Amigo de Oroso.


bottom of page