top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Duelo directo para o Xuvenil de Galega e semifinais en Autonómica!



A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS afrontará esta fin de semana ata 9 partidos, 8 sábado e 1 domingo, co Xuvenil Rufino e o Alevín Pazos descansando.


XUVENIL vs Redondela FS Maramar
X22 Liga Galega | SÁB. 09/03 | 19:30h

O líder da Liga Galega FS afronta un duelo directo ante o terceiro clasificado da competición, o Redondela FS Maramar, este sábado 9 ás 19:30h. A pesar de separarlles 12 puntos, os noieses non queren confianzas que poidan facerlles perder distancia no máis alto da táboa sobre o Pescados Rubén Burela FS, 2º a 6 unidades.


CADETE Lluc vs AD Codima
1ª Autonómica Eliminatorias - Semifinal Grupo 1 | SÁB. 09/03 | 12:00h

O Cadete Lluc comeza as eliminatorias do grupo 1 de 1ª Autonómica en semifinais, onde se enfrontará ao AD Codima por un posto na final, este sábado 9 ás 12:00h no Mourís.


CADETE Henrique e Jabá vs Club San Francisco Teo
1ª Autonómica Eliminatorias - Semifinal Grupo 1 | SÁB. 09/03 | 13:00h

A outra praza na final buscaráa o Cadete Henrique e Jabá, que recibirá ao Club San Francisco Teo este sábado 9 ás 13:00h na semifinal restante.


AD Codima vs ALEVÍN Pirata
1ª Autonómica Eliminatorias - Semifinal Título | DOM. 10/03 | 19:30h

O Alevín Pirata tratará de superar ao AD Codima este domingo 10 ás 19:30h, co obxectivo de plantarse na final do grupo polo título de 1ª Autonómica.


AD Codima "B" vs ALEVÍN Altamirano
1ª Autonómica Eliminatorias - Semifinal Grupo 1 | SÁB. 09/03 | 18:30h

Mesmo foco pero do grupo 1, o Alevín Altamirano visitará ao AD Codima "B" o sábado 9 ás 18:30h.


Alto do Vento FS "B" vs BENXAMÍN Pola
X6 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 09/03 | 19:00h

O Benxamín Pola visita este sábado 9 ás 19:00h ao Alto do Vento FS "B", no sexto partido da segunda fase ligueira.


UD Estrada FS vs BENXAMÍN Sarmiento
X6 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | SÁB. 09/03 | 16:45h

O Benxamín Sarmiento fará o propio tamén este sábado 9 ás 16:45h, contra o UD Estrada FS, na sexta xornada da súa segunda fase ligueira.


UD Estrada FS vs PREBENXAMÍN Matheus e Attos
X6 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 09/03 | 16:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos desprazarase tamén a A Estrada para xogar contra o UD Estrada FS o sábado 9 ás 16:00h, pola sexta xornada do grupo 1.


Alto do Vento FS vs PREBENXAMÍN Machado e Power X6 1ª Autonómica Liga Regular Título | SÁB. 09/03 | 17:00h

O Prebenxamín Machado e Power visitará ao Alto do Vento FS este sábado 9 ás 17:00h tamén pola súa sexta xornada pero do grupo do título.



bottom of page