
As categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS seguen traballando nas súas primeiras semanas de adestramento e sen competición, a excepción do Xuvenil de Liga Galega, que encara a súa cuarta xornada ligueira esta fin de semana.
XUVENIL vs Concello de Begonte FS | Sábado 07/10 | 12:00h | Municipal Agustín Mourís
Tras a derrota da pasada semana en Lugo, os dirixidos por Daniel Ventoso ansían retornar á senda do triunfo o antes posible, no duelo deste sábado ás 12:00h no Municipal Agustín Mourís contra o Concello de Begonte FS. Os noieses chegan ao encontro 7º con 6 puntos, dúas vitorias e unha derrota no seu haber, mentres que o rival é un dos tres equipos que aínda non estreou o seu casilleiro de puntos e sitúase na última posición da táboa.
Comments