HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Máis acción por diante!
- Mar 6
- 2 min read

Venres, 06/03/2026 · 19:31h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Avecíñase unha nova xornada para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS cos seguintes horarios! Descansan o Infantil de Preferente Futgal FS e o Prebenxamín.
XUVENIL vs CD CompoSala "C"
X7 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | DOM. 08/03 | 12:00h
O Xuvenil de Julio Moreno recibe na casa pola xornada 7 da Liga Regular de 1ª División de Primeira Futgal FS ao CD CompoSala "C" este domingo 8 ás 12:00h.
Lago Sport vs CADETE
X23 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 08/03 | 18:45h
O Cadete de Pablo Cardoso visita o domingo 8 ás 18:45h ao Lago Sport en partido da 23ª xornada de Preferente Futgal FS.
Victoria FC vs INFANTIL
X15 Primeira Futgal FS | DOM. 08/03 | 10:00h
O Infantil volve á competición xogando a domicilio, no Municipal Apóstol Santiago, ante o Victoria FC o domingo 8 ás 10:00h pola 15ª xornada de Primeira Futgal FS.
Jogafan Ordes FS "B" vs ALEVÍN
X15 Primeira Futgal FS | SÁB. 07/03 | 17:15h
O Alevín visita este sábado 7 ás 17:15h no Pavillón Castelao II ao Jogafan Ordes FS "B" no seu partido da xornada 15 de Primeira Futgal FS.
BENX. "A" vs AD Codima "B"
X3 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 2ª Div. | DOM. 08/03 | 17:30h
O Benxamín "A" recibe o domingo 8 ás 17:30h ao AD Codima "B", en compromiso da xornada 3 da Liga Regular de 2ª División de Primeira Futgal FS.
BENX. "B" vs Alto do Vento FS
X3 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | DOM. 08/03 | 19:00h
O Benxamín "B" enfróntase na casa este domingo 8 ás 17:30h ao Alto do Vento FS pola xornada 3 da Liga Regular de 1ª División de Primeira Futgal FS.





Comments