top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Unha xornada reducida!

  • 7 days ago
  • 1 min read

Venres, 06/02/2026 · 11:56h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Tres equipos da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS descansan nunha xornada con menos actividade do habitual!



XUVENIL vs Jogafan Ordes FS
X4 Primeira Futgal FS - Liga Regular 1ª Div. | SÁB. 07/02 | 11:30h

O Xuvenil de Julio Moreno volve á pista tras descansar a pasada fin de semana, e farao o sábado 7 ás 11:30h recibindo ao Jogafan Ordes en partido da 4ª xornada da Liga Regular de 1ª División de Primeira Futgal FS.



Ribeira FS vs CADETE
X19 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 08/02 | 18:45h

O Cadete de Pablo Cardoso desprázase ao Municipal dos Deportes de Lugo o domingo 8 ás 18:45h para xogar contra o Ribeira FS en partido da 19ª xornada de Preferente Futgal FS.



Ribeira FS vs INFANTIL
X19 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 08/02 | 17:00h

O Infantil de Iván Fernández tamén xogará no Municipal dos Deportes de Lugo ante o Ribeira FS este domingo 8 ás 17:00h pola 19ª xornada de Preferente Futgal FS.



ALEVÍN vs Jogafan Ordes FS
X12 Primeira Futgal FS | SÁB. 07/02 | 17:30h

O Alevín xoga na casa este sábado 7 ás 17:30h fronte ao Jogafan Ordes FS pola xornada 12 de Primeira Futgal FS.



PREBENX. vs Alto do Vento FS
X12 Primeira Futgal FS | SÁB. 07/02 | 16:00h

O Prebenxamín recibe ao Alto do Vento FS no Municipal Agustín Mourís este sábado 7 ás 16:00h en partido da 12ª data de Primeira Futgal FS.

Comments


bottom of page