
Venres, 07/03/2025 · 11:00h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS volve á acción esta fin de semana tras o descanso da pasada por Entroido, e este é o menú!
CADETE Rubi e Douglas vs La Salle
X2 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | VIE. 07/03 | 21:15h
O Cadete Rubi e Douglas disputa a segunda xornada da fase regular ligueira este venres 7 ás 21:15h, recibindo no Agustín Mourís ao La Salle.
INFANTIL Pirata vs Alto do Vento FS "B"
X1 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 09/03 | 19:00h
O Infantil Pirata comeza a fase regular no Pavillón de Bergondo este domingo 9 ás 19:00h, enfrontándose ao Alto do Vento FS "B".
Oroso FS CD vs ALEVÍN Schütt e Á. García
X2 Liga Regular 1ª Div. Gr 1. Primeira Futgal FS | SÁB. 08/03 | 11:00h
O Alevín Schütt e Álex García visita o Complexo Deportivo Juan Amigo para verse as caras co Oroso FS CD este sábado 8 ás 11:00h, na segunda xornada da segunda fase ligueira.
BENX. Pazos e Altamirano vs AD Codima
X1 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 09/03 | 17:00h
O Benxamín Pazos e Altamirano recibe no Pavillón de Bergondo este domingo 9 ás 17:00h ao AD Codima, en partido que servirá para abrir a fase regular de Liga.
BENX. Rufino vs AD Codima "B"
X1 Liga Regular 2ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 09/03 | 18:00h
O Benxamín Rufino recibirá tamén no Pavillón de Bergondo o domingo 9 ás 18:00h ao AD Codima "B", en encontro da 1ª xornada da segunda fase ligueira.
Alto do Vento FS vs PB Diego e Power
X14 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 08/03 | 17:00h
O Prebenxamín Diego e Power visita ao Alto do Vento FS o sábado 8 ás 17:00h no Municipal de Restollal de Santiago, en duelo da 14ª xornada da fase previa ligueira.
Victoria FC "B" vs PB Montero e Iván
X14 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 08/03 | 16:00h
O Prebenxamín Montero e Iván disputa no Municipal de Restollal santiagués o seu choque da 14ª xornada ligueira o sábado 8 ás 16:00h contra o Victoria FC "B".
Comments