
Todos os equipos das categorías inferiores do Noia Portus Apostoli FS contan con partido esta fin de semana!
XUVENIL
Os de Daniel Ventoso tentarán continuar o camiño perfecto en Copa visitando ao Oroso FS CD "B" este domingo 7 ás 13:00h.
CADETE
Rolda de oitavos de final de Copa Galicia para o Cadete adestrado por David Palmas, na que se verá as caras co Hércules Sport Sala FS, equipo de superior categoría. O encontro disputarase no Pavillón San Francisco Javier de A Coruña o domingo 7 ás 11:30h.
Xornada 24 de 1ª Autonómica para o Cadete de Julio Moreno, que se enfronta ao Atlético Fátima como visitante o sábado 6 ás 9:45h.
INFANTIL
Un dos dous encontros que se xogarán no Mourís é o do Infantil, que recibe o sábado 6 ás 12:00h ao EFS Trasgos na cuarta xornada do seu grupo copeiro.
ALEVÍN
Antes, ás 11:00h do sábado, o Alevín tamén se medirá co EFS Trasgos en partido correspondente á cuarta xornada do seu grupo de Copa.
BENXAMÍN
O Benxamín visita ao Alto do Vento FS "B" o sábado 6 ás 19:00h no Municipal Quiroga Palacios.
PREBENXAMÍN
O Prebenxamín "A" visita ao CD Sar Extramundi o sábado 6 ás 20:00h, mentres que o Prebenxamín "B" fai o propio co Dubra SD o domingo 7 ás 12:00h.
BIBERÓN
Os máis pequenos desprázanse a Santiago para xogar contra o Villestro SD "B" o sábado 6 ás 12:15h no Municipal Lamas de Abade.
Yorumlar