top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Inicio de marzo exclusivo no Agustín Mourís!



Catro encontros programados esta fin de semana na Escola Deportiva, os catro no Agustín Mourís. Descansan as categorías Xuvenil, Infantil e Benxamín.


CADETE

Oportunidade para regresar á senda da vitoria coa xornada 20 para o Cadete de Liga Galega, que recibe a Os Meigallos FS no parqué do pavillón noiés o sábado 4 a partir das 19:45h.


Antes, ás 16:00h, xogará o Cadete de 1ª Autonómica, en choque da xornada 16 contra o Alto do Vento FS "A".


ALEVÍN

O conxunto dirixido por Iván Insua recibe ao Victoria FC "B" este sábado 4 ás 12:00h, en partido da xornada 8 do Grupo 2 da 1ª Autonómica.


PREBENXAMÍN

Pechará a fin de semana o equipo Prebenxamín, xogando na mañá do domingo 5, ás 11:00h, contra o CD Sar Extramundi no Agustín Mourís, duelo da xornada 10 do Grupo 1 da 1ª Autonómica.


bottom of page