top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Chegan os torneos de Copa nunha larga xornada para empezar abril!



En abril, partidos mil para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, que inicia o cuarto mes do ano cunha xornada de seis días e dez partidos. Só descansa o Xuvenil de Liga Galega FS.



XUVENIL Rufino vs CD Composala
X19 1ª Autonómica - Fase Previa | XOV. 04/04 | 19:30h

O Xuvenil Rufino adianta o seu encontro da xornada 19 á tarde deste xoves 4, cando recibirá ao CD Composala a partir das 19:30h no Municipal Agustín Mourís.



Club San Francisco Teo vs CADETE Lluc
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | SÁB. 06/04 | 10:00h

Empeza a Copa para Cadetes e Alevíns coa primeira xornada da fase de grupos. Nela, o Cadete Lluc estrease visitando ao Club San Francisco Teo o sábado 6 ás 10:00h.



Club Melide FS vs CADETE Henrique e Jabá
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 06/04 | 18:00h

O Cadete Henrique e Jabá, campión do grupo 1 de 1ª Autonómica, debuta en Copa tamén como visitante, na pista do Club Melide FS este sábado 6 ás 18:00h.



ALEVÍN Pirata vs AD Codima "B"
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 07/04 | 17:00h

O Alevín Pirata inicia o seu camiño no grupo 1 da Copa de 1ª Autonómica este domingo 7 ás 17:00h como local ante o AD Codima "B".



ALEVÍN Altamirano vs Club Melide FS
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 07/04 | 16:00h

Unha hora antes, ás 16:00h, e tamén no Agustín Mourís, o Alevín Altamirano recibe ao Club Melide FS no seu primeiro partido de Copa - Grupo 1.



Atlético Fátima vs ALEVÍN Pazos
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | MÉR. 10/04 | 19:00h

Ata o mércores 10 ás 19:00h terá que agardar o Alevín Pazos para efectuar a súa estrea na Copa do Grupo 2 de 1ª Autonómica, visitando ao Atlético Fátima.



Oroso FS CD vs BENXAMÍN Pola
X9 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 06/04 | 12:30h

Penúltima xornada da Liga Regular para Benxamíns e Prebenxamíns, co Benxamín Pola visitando ao Oroso FS CD este sábado 6 a partir das 12:30h.



Oroso FS CD "B" vs BENXAMÍN Sarmiento
X9 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | SÁB. 06/04 | 13:30h

O Benxamín Sarmiento tamén xogará como visitante en Oroso, unha hora máis tarde, ás 13:30h. Os noieses visitarán ao Oroso FS CD "B".



Jogafán Ordes FS "B" vs PB Matheus e Attos X9 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | SÁB. 06/04 | 12:30h

O Prebenxamín Matheus e Attos visita ao Jogafán Ordes FS "B" este sábado 6 ás 12:30h na xornada 9 do grupo 1 de 1ª Autonómica.



EDS Santa Marta vs PB Machado e Power
X9 1ª Autonómica Liga Regular Título | SÁB. 06/04 | 19:00h

O Prebenxamín Machado e Power, pola súa parte enfrontarase ao EDS Santa Marta como visitante este sábado 6 ás 19:00h na xornada 9 do grupo polo título de 1ª Autonómica.



bottom of page