HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Acaba xaneiro e empeza febreiro!
- Departamento prensa Noia PA FS

- 3 days ago
- 2 min read

Xoves, 29/01/2026 · 13:06h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS xoga os seus últimos partidos de xaneiro e primeiros de febreiro esta fin de semana!
CADETE vs CD Laca
X18 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 01/02 | 17:00h
O Cadete de Pablo Cardoso repite na casa, esta vez o domingo 1 ás 17:00h contra o CD Laca en partido da 18ª xornada de Preferente Futgal FS.
INFANTIL vs AD Codima
X18 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 01/02 | 19:30h
O Infantil tamén repite no Agustín Mourís, onde se enfrontará ao AD Codima este domingo 1 ás 19:30h pola 18ª xornada de Preferente Futgal FS.
SD O Pino vs INFANTIL
X11 Primeira Futgal FS - Grupo 1 | SÁB. 31/01 | 10:30h
O Infantil visita no Pavillón Reboredo de O Pino ao SD O Pino o sábado 31 ás 10:30h pola 11ª xornada de competición de Primeira Futgal FS.
AD Codima "B" vs ALEVÍN
X11 Primeira Futgal FS | DOM. 01/02 | 11:00h
O Alevín vese as caras este domingo 1 ás 11:00h no Pavillón Monte dos Postes santiagués co AD Codima "B" pola xornada 11 de Primeira Futgal FS.
BENX. "A" vs EFS Trasgos "A"
X11 Primeira Futgal FS | DOM. 01/02 | 11:00h
O Benxamín "A" recibe o domingo 1 ás 11:00h ao EFS Trasgos "A" pola 11ª xornada de Primeira Futgal FS.
Victoria FC vs BENX. "B"
X11 Primeira Futgal FS | SÁB. 31/01 | 20:00h
O Benxamín "B" desprázase ao Municipal Apóstol Santiago, onde xogará ante o Victoria FC o próximo sábado 31 ás 20:00h en choque da 11ª xornada de Primeira Futgal FS.
Victoria FC vs PREBENX.
X11 Primeira Futgal FS | SÁB. 31/01 | 19:00h
O Prebenxamín enfróntase ao Victoria FC no Municipal Apóstol Santiago este sábado 31 ás 19:00h en partido da 11ª data de Primeira Futgal FS.











Comments