top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | O Cadete de Liga Galega, a polo título de campión!



Catro partidos por diante para a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS esta fin de semana. Especial atención para o Cadete de Liga Galega, que de gañar ao Concello de Begonte FS será campión! Descansan o equipo Xuvenil, agardando o inicio do torneo de Copa, o Infantil e o Alevín, que remataron a Liga a semana pasada. Ademais, non hai Liga Xogade por condensación na pista do pavillón de Portosín.


CADETE

A cita destacada da fin de semana noiesa. Os de David Palmas están a un pasiño de reclamar o título de campións de Liga Galega, despois de toda unha temporada liderando. O sábado 1 ás 18:30h no Municipal Agustín Mourís, os brancos irán a pola vitoria para que comece a festa!


O Cadete de 1ª Autonómica xoga este mesmo venres 31, visitando ao Oroso FS CD a partir das 19:00h no Complexo Deportivo Juan Amigo, en partido da xornada 20 ligueira.


BENXAMÍN

Termina o Grupo 2 de 1ª Autonómica para o Benxamín con partido da definitiva xornada 14, e faino no Agustín Mourís contra o EFS Rodeiro, ás 12:00h do sábado 1 de abril.


PREBENXAMÍN

Unha hora máis tarde, ás 13:00h do sábado 1 de abril, tamén remata a súa Liga o Prebenxamín, con encontro da xornada 14 do Grupo 1 de 1ª Autonómica, recibindo a visita do AD Codima - Galipizza.

bottom of page