top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Maio arranca con 9 partidos!



A temporada da Escola Deportiva adéntrase no tramo final de temporada co inicio do mes de maio. Nove partidos en total nesta primeira fin de semana, coas ausencias de Cadete Henrique e Jabá, Alevín Altamirano e Prebenxamín Machado e Power.



Alto do Vento FS vs XUVENIL
X28 Liga Galega FS | VEN. 03/05 | 21:30h

O Xuvenil de Liga Galega FS, xa campión e novo equipo de División de Honra, estreará condición este venres ás 21:30h no Municipal Santa Isabel, onde visitará ao Alto do Vento FS. Os de Daniel Ventoso non queren baixar o ritmo nestas últimas xornadas de competición, e buscarán un novo triunfo contra o 11º da táboa con 27 puntos.



XUVENIL Rufino vs Victoria FC
1ª Autonómica Copa - Fase Previa | LUN. 06/05 | 20:15h

O Xuvenil Rufino arranca o torneo de Copa enfrontándose ao Victoria FC este luns 6 ás 20:15h no Mourís. O duelo pertence á Fase Previa, que se disputará a partido único co premio de entrar na parte principal da competición.



CADETE Lluc vs Jogafán Ordes FS "B"
X5 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 05/05 | 10:30h

O Cadete Lluc regresa tras descansar a pasada xornada para enfrontarse ao Jogafán Ordes FS "B" na quinta data copeira, este domingo 5 ás 10:30h no Agustín Mourís.



ALEVÍN Pirata vs Alto do Vento FS "C"
X5 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 05/05 | 19:00h

O Alevín Pirata busca seguir sumando vitorias no seu grupo de Copa, coa visita ao Municipal Agustín Mourís do Alto do Vento FS "C" este domingo 5 ás 19:00h.



Jogafán Ordes FS vs ALEVÍN Pazos
X5 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | VEN. 03/05 | 19:30h

O Alevín Pazos xogará este venres 3 ás 19:30h contra o Jogafán Ordes FS no Municipal Castelao II.



UD Estrada FS vs BENXAMÍN Pola
X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 3 | DOM. 05/05 | 16:00h

O Benxamín Pola disputa este domingo 5 ás 16:00h a tercera xornada copeira, véndose as caras como visitante ante o UD Estrada FS.



EFS Trasgos "A" vs BENXAMÍN Sarmiento
X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 05/05 | 16:00h

O Benxamín Sarmiento xoga este domingo 5 ás 16:00h ante o EFS Trasgos "A", na terceira xornada do grupo 1 de Copa.



PB Matheus e Attos vs EDS Santa Marta X3 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 05/05 | 18:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos afronta a terceira xornada copeira este domingo 5 ás 18:00h no Municipal Agustín Mourís fronte ao EDS Santa Marta.



Milladoiro SD vs BIBERÓN Nico Rosa
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 04/05 | 16:00h

Os máis pequenos da Escola noiesa disputarán o seu segundo partido do grupo 1 da Copa de 1ª Autonómica, neste caso como visitantes, este sábado 4 ás 16:00h contra o Milladoiro SD.


bottom of page