top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | O Xuvenil desprázase este venres a Lugo



Terceira semana de competición para a Escola Deportiva, terceira semana de competición para o Xuvenil, que afronta o segundo encontro a domicilio da temporada este mesmo venres 29 en terras lucenses.


CP Casás vs XUVENIL | Venres 29/09 | 18:00h | Pavillón do Palomar

Os de Daniel Ventoso, que son un dos líderes da Liga Galega Xuvenil con 6 puntos de 6 posibles, tentarán manter a liña gañadora e continuar entre os mellores na disputa da xornada 3 hoxe mesmo, venres 29, a partir das 18:00h no Pavillón do Palomar. O rival, un CP Casás que aínda non sabe o que é sumar, tras as derrotas colleitadas fronte Os Meigallos FS e o Pescados Rubén Burela FS.

bottom of page