top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | A última xornada de marzo!


Venres, 28/03/2025 · 16:15h · Imaxe: Alejandro Lorenzo


Remata marzo e a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS faino cunha nova xornada de partidos!



Victoria FC vs CADETE Rubi e Douglas
X4 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | SÁB. 29/03 | 18:00h

O Cadete Rubi e Douglas volve á competición tras unha semana de parón na cuarta xornada da fase regular, que afrontará o sábado 29 ás 20:00h visitando no Municipal de Pontepedriña santiagués ao Victoria FC.



Alto do Vento FS "B" vs INFANTIL Pirata
X4 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 30/03 | 13:00h

O Infantil Pirata enfrontarase o domingo 30 ás 13:00h no Municipal Apóstol Santiago pola cuarta xornada da fase regular ligueira ao Alto do Vento FS "B".



ALEVÍN Schütt e Á. García vs Oroso FS CD
X5 Liga Regular 1ª Div. Gr 1. Primeira Futgal FS | DOM. 30/03 | 18:00h

O Alevín Schütt e Álex García, de novo na casa, xogará ante o Oroso FS CD este domingo 30 ás 18:00h, na quinta xornada da segunda fase ligueira.



AD Codima vs BENX. Pazos e Altamirano
X4 Liga Regular 1ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 30/03 | 12:00h

O Benxamín Pazos e Altamirano visita no Municipal Quiroga Palacios santiagués ao AD Codima este domingo 30 ás 12:00h, en partido da cuarta xornada de fase regular de Liga.



AD Codima "B" vs BENX. Rufino
X4 Liga Regular 2ª Div. Gr. 2 Primeira Futgal FS | DOM. 30/03 | 13:00h

O Benxamín Rufino verase as caras co AD Codima "B" o domingo 30 ás 13:00h no Municipal Quiroga Palacios, en encontro da 4ª xornada da segunda fase ligueira.



PB Diego e Power vs Victoria FC "B"
X17 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 30/03 | 17:00h

O Prebenxamín Diego e Power recibe ao Victoria FC "B" no Municipal Agustín Mourís este domingo 30 ás 17:00h, en duelo da 17ª xornada da fase previa ligueira.



AD Codima vs PB Montero e Iván
X17 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 29/03 | 17:00h

O Prebenxamín Montero e Iván xoga a domicilio, no Municipal O Restollal da capital galega, o sábado 29 ás 17:00h ante o AD Codima o seu choque da 17ª xornada ligueira.





Opmerkingen


bottom of page