Seis encontros para a Escola Deportiva esta fin de semana, dos cales cinco se xogarán no Municipal Agustín Mourís, entre eles a estrea do Cadete de Galega na Copa Galicia.
CADETE
Unha semana despois de acabar a Liga, o Cadete de Galega debuta en Copa Galicia este domingo 30 ás 13:30h na casa contra o Colegio Liceo, buscando o pase a oitavos de final.
Xornada 23 ligueira para o Cadete de 1ª Autonómica, que recibe a visita do Club Melide FS o domingo 30 ás 11:00h.
INFANTIL
Os dous equipos con tres puntos na táboa enfróntanse na terceira xornada da Copa de 1ª Autonómica, Grupo 1. O Infantil de Pablo Cardoso recibe ao Stellae FS "B" ás 10:45h do sábado 29.
ALEVÍN
O único equipo noiés visitante esta fin de semana é o Alevín, que se despraza a Padrón para verse as caras co Stellae FS "B" na xornada 3 copeira o domingo 30 ás 16:30h.
BENXAMÍN
A xornada dominical será estreada polo Benxamín, que xogará contra o Victoria FC - Dinos "C" o domingo 30 ás 10:00h no Agustín Mourís, en choque da xornada 3 de Copa.
BIBERÓN
Segundo partido para os máis pequenos da Escola Deportiva, que ás 12:00h do domingo 30 se enfrontan co Bertamiráns CF no Agustín Mourís
Comments