top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | O cambio de mes chega na pista!

  • Feb 27
  • 2 min read

Venres, 27/02/2026 · 13:33h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS termina febreiro e empeza marzo no 40x20 e cos seguintes horarios! Descansa o Infantil de Primeira Futgal FS.



A Estrada Futsal vs XUVENIL
X6 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | SÁB. 28/02 | 12:00h

O Xuvenil de Julio Moreno afronta no Municipal Coto Ferreiro estradense a xornada 6 da Liga Regular de 1ª División de Primeira Futgal FS, visitando ao A Estrada Futsal este sábado 28 ás 12:00h.



CADETE vs 5 Coruña FS
X22 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 01/03 | 18:30h

O Cadete de Pablo Cardoso recibe na casa este domingo 1 ás 18:30h ao 5 Coruña FS en partido da 22ª xornada de Preferente Futgal FS.



INFANTIL vs 5 Coruña FS
X22 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | SÁB. 28/02 | 18:40h

O Infantil de Iván Fernández tamén se verá as caras no Municipal Agustín Mourís co 5 Coruña FS, no seu caso o sábado 28 ás 18:40h pola 22ª xornada de Preferente Futgal FS.



ALEVÍN vs A Estrada Futsal
X14 Primeira Futgal FS | DOM. 01/03 | 17:00h

O Alevín disputa o domingo 1 ás 17:00h no Pavillón de Bergondo fronte ao A Estrada Futsal o seu partido da xornada 14 de Primeira Futgal FS.



Jogafan Ordes FS "B" vs BENX. "A"
X2 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 2ª Div. | SÁB. 28/02 | 12:00h

O Benxamín "A" xoga a domicilio este sábado 28 ás 12:00h, na pista do Jogafan Ordes FS "B", o seu envite da xornada 2 da Liga Regular de 2ª División de Primeira Futgal FS.



BENX. "B" vs Victoria FC
X2 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | DOM. 01/03 | 19:00h

O Benxamín "B" recibe o domingo 1 ás 19:00h ao Victoria FC no Pavillón de Bergondo pola xornada 2 da Liga Regular de 1ª División de Primeira Futgal FS.



PREBENX. vs Club Melide FS
X14 Primeira Futgal FS | DOM. 01/03 | 18:00h

O Prebenxamín salta á pista do Pavillón de Bergondo o domingo 1 ás 18:00h ante o Club Melide FS pola xornada 14 de Primeira Futgal FS.

Comments


bottom of page