top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | 10 partidos, 7 no Mourís!



Ata dez partidos se disputarán esta fin de semana na nosa Escola Deportiva, sete deles no Agustín Mourís entre sábado e domingo, ademais do do Filial.


Redondela FS Maramar vs XUVENIL
X7 Liga Galega | DOM. 29/10 | 18:00h

Os de Daniel Ventoso tentarán continuar a estela da zona alta da Liga Galega na súa visita ao Redondela FS Maramar, este domingo 29 ás 18:00h no Pavillón A Marisma, precisamente ante un conxunto redondelán que, cun partido máis, sitúase 2º con 13 puntos, unha unidade máis que as 12 dos noieses, 4º na táboa.


XUVENIL Rufino vs La Salle
X2 1ª Autonómica Fase Previa | DOM. 29/10 | 12:00h

O Xuvenil de Autonómica buscará reverter a súa derrota da primeira xornada recibindo no Mourís ao La Salle, este domingo 29 ás 12:00h.


Compañía de María vs CADETE Lluc
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 29/10 | 18:30h

Continuar coa boa dinámica iniciada a pasada fin de semana será o que busque o Cadete Lluc na súa visita ao Pavillón Compañía de María este domingo 29 ás 18:30h, na segunda xornada da fase previa do grupo 1 de 1ª Autonómica.


CADETE Henrique e Jabá vs Oroso FS CD
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 28/10 | 12:00h

Ao igual que o Cadete Lluc, o Henrique e Jabá tamén comezou con vitoria a semana pasada e, esta vez no seu debut na casa, tentará puntuar de tres novamente coa visita do Oroso FS CD o sábado 28 ás 12:00h.


Jogafán Ordes FS "B" vs ALEVÍN Pirata
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 29/10 | 16:00h

O Alevín Pirata quererá refrendar o seu triunfo da primeira xornada na súa visita ao Municipal Castelao deste domingo 29 ás 16:00h fronte o Jogafán Ordes FS "B".


ALEVÍN Pazos vs Alto do Vento FS "C"
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 29/10 | 11:30h

O Alevín Pazos enfrontarase na segunda xornada do seu grupo ligueiro contra o Alto do Vento FS "C", este domingo 29 ás 11:30h.


BENXAMÍN Pola vs Jogafán Ordes FS "B"
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 28/10 | 16:00h

O Benxamín Pola enfrontarase na segunda xornada do seu grupo ligueiro contra o Jogafán Ordes FS "B", este sábado 28 ás 16:00h.


BENXAMÍN Sarmiento vs Alto do Vento FS
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 28/10 | 10:45h

O Benxamín Sarmiento verase as caras na segunda xornada do seu grupo ligueiro contra o Alto do Vento FS, este sábado 28 ás 10:45h.


PREBENXAMÍN Matheus e Attos vs AD Codima
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 29/10 | 13:15h

O Prebenxamín Matheus e Attos xogará na segunda xornada do seu grupo ligueiro contra o AD Codima, este domingo 29 ás 13:15h.


PREBENXAMÍN Machado e Power vs Jogafán Ordes FS
X2 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 28/10 | 17:00h

Debuta o Prebenxamín Machado e Power, que xogará na segunda xornada do seu grupo ligueiro contra o Jogafán Ordes FS, este sábado 28 ás 17:00h.



bottom of page