top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | E sen respiro, de volta á pista!

  • Mar 28
  • 2 min read

Sábado, 28/03/2026 · 11:17h · Imaxe: Alejandro Lorenzo


Apenas unhas horas despois de terminar a anterior xornada, a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS xa se prepara para volver á pista, nunha fin de semana practicamente íntegra no Mourís! Descansan o Alevín e o Prebenxamín.



XUVENIL vs CD Laca
X10 Primeira Futgal FS - Liga Reg. 1ª Div. | DOM. 29/03 | 13:00h

O Xuvenil de Julio Moreno recibe o domingo 29 ás 13:00h ao CD Laca, en partido da 10ª e última xornada da fase de Liga Regular de 1ª División de Primeira Futgal FS.



CADETE vs O Parrulo Ferrol FS "A"
X26 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 29/03 | 18:30h

O Cadete de Pablo Cardoso enfróntase na casa ao O Parrulo Ferrol FS "A" o domingo 29 ás 18:30h pola 26ª e última xornada de Preferente Futgal FS.



INFANTIL vs O Parrulo Ferrol FS "A"
X26 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 29/03 | 17:00h

O Infantil de Iván Fernández remata a Liga recibindo ao O Parrulo Ferrol FS "A" o domingo 29 ás 17:00h no Agustín Mourís.



INFANTIL vs AD Codima "B"
J18 Primeira Futgal FS | DOM. 29/03 | 10:30h

O Infantil pon fin a esta fase ligueira da Primeira Futgal este domingo 29 ás 10:30h, cando se enfrontará ao AD Codima "B" no Agustín Mourís.



Jogafan Ordes FS "B" vs BENX. "A"
X1 Primera Futgal FS - Copa Gr. 1 | SÁB. 28/03 | 10:30h

O Benxamín "A" é o único cadro da Escola Noiesa, xunto ao Xuvenil DH, que xogará esta fin de semana como visitante. Os nostros visitarán o Pavillón Castelao II este sábado 28 ás 10:30h, para verse as caras co Jogafan Ordes FS "B" na estrea da fase de Copa.



BENX. "B" vs Jogafan Ordes FS
X1 Primeira Futgal FS - Copa Gr. 2 | DOM. 29/03 | 12:00h

O Benxamín "B" recibe no Municipal Agustín Mourís ao Jogafan Ordes FS este domingo 29 a partir das 12:00h, en encontro da primeira xornada do Grupo 2 de Copa de Primeira Futgal FS.

Comments


bottom of page