HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Pouca acción pero moi decisiva!
- Departamento prensa Noia PA FS
- Apr 25
- 1 min read

Venres, 25/04/2025 · 17:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Tan só catro partidos na vindeira xornada da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, pero con tres eliminatorias e un cara a cara totalmente noiés!
Oroso FS CD vs CADETE Rubi e Douglas
Final Liga 1ª Div. Semifinal (ida) Primeira Futgal FS | DOM. 27/04 | 20:00h
O Cadete Rubi e Douglas afronta este domingo 27 ás 20:00h no Complexo Deportivo Juan Amigo do Oroso FS CD o partido de ida das semifinais do torneo ligueiro, coa esperanza de lograr un bo resultado para a volta en Noia.
INFANTIL Pirata vs Club Melide FS
Final Liga 1ª Div. Semifinal (ida) Primeira Futgal FS | DOM. 27/04 | 19:00h
O Infantil Pirata tamén disputa a ida de semifinais, no seu caso o mesmo domingo 27 ás 19:00h contra o Club Melide FS no Pavillón de Bergondo.
Victoria FC vs ALEVÍN Schütt e Á. García
Fase Final 1ª Div. Semifinal (volta) Primeira Futgal FS | DOM. 27/04 | 12:00h
Tras o 1-1 da ida en Noia, o Alevín Schütt e Álex García enfróntase ao duelo de volta de semifinais ligueiras este domingo 27 ás 12:00h, visitando no Municipal Apóstol Santiago da capital galega ao Victoria FC con todo por decidirse.
PB Diego e Power vs PB Montero e Iván
X1 Copa Grupo A Primeira Futgal FS | MAR. 29/04 | 18:00h
O Prebenxamín Diego e Power e o Prebenxamín Montero e Iván arrancan a Copa cun duelo noiés no Agustín Mourís este martes 29 ás 18:00h.
Comments