top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | 8 partidos no Agustín Mourís!



Ata 10 partidos afrontará esta fin de semana a Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS, dos cales 8 se disputarán no Municipal Agustín Mourís. Só un equipo descansa esta xornada, o Alevín Altamirano.


XUVENIL vs CD Beade / Galektra
X16 Liga Galega | SÁB. 27/01 | 20:00h

O líder da Liga Galega FS comeza a segunda volta igual que acabou a primeira, na casa, e intentará repetir o resultado vitorioso do seu partido da fin de semana pasada, que lle permitiu manter os 6 puntos de vantaxe sobre o seu inmediato perseguidor. Visita o Mourís este sábado 27 ás 20:00h o CD Beade / Galektra, conxunto que ocupa a 14ª praza con 11 puntos, e ao que os noieses superaron por 4-6 na estrea ligueiro.


XUVENIL Rufino vs Club Melide FS
X11 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 28/01 | 13:00h

O Xuvenil Rufino alcanza o fin da primeira volta do torneo coa ambición de poñerlle o broche sumando a cuarta vitoria seguida que os continúe aupando na táboa. O rival, o Club Melide FS, 6º cos mesmos 10 puntos que os noieses, este domingo 28 ás 13:00h no Mourís.


Jogafán Ordes FS "B" vs CADETE Lluc
X11 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 28/01 | 12:00h

O Cadete Lluc visitará ao Jogafán Ordes FS "B" este domingo 28 ás 12:00h no Municipal Castelao II, coa misión de sumar unha vitoria ante un rival que se sitúa 7º con 4 puntos, cos brancos 6º con 10.


CADETE Henrique e Jabá vs Club San Francisco Teo
X11 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 27/01 | 11:35h

O Cadete Henrique e Jabá desprazarase a Os Tilos para verse as caras co Club San Francisco Teo, este sábado 27 de xaneiro ás 11:35h, pola 11ª xornada da Fase Previa Grupo 2 de 1ª Autonómica.


ALEVÍN Pirata vs EDS Santa Marta
X11 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | SÁB. 27/01 | 18:30h

Tras o partido entre 1º e 2º, o Alevín Pirata xogará contra outro equipo da zona alta da clasificación, o EDS Santa Marta, este sábado 27 ás 18:30h no Agustín Mourís.


ALEVÍN Altamirano vs Jogafán Ordes FS
X11 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 28/01 | 11:00h

O Alevín Altamirano tamén xogará na casa, este domingo 28 ás 11:00h, recibindo ao Jogafán Ordes FS, equipo situado xusto diante dos noieses na clasificación a 6 puntos de distancia.


BENXAMÍN Pola vs Alto do Vento FS "B"
X1 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 28/01 | 19:00h

Empeza a segunda fase ligueira para as dúas categorías máis pequenas, co Benxamín Pola participando na Liga Regular Grupo 1 e recibindo no seu primeiro partido ao Alto do Vento FS "B" o domingo 28 ás 19:00h no Mourís.


BENXAMÍN Sarmiento vs UD Estrada FS
X1 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 2 | DOM. 28/01 | 18:00h

Pola súa parte, o Benxamín Sarmiento queda encadrado na Liga Regular Grupo 2, e inicia o seu camiño ante a UD Estrada FS, tamén no Agustín Mourís, este domingo 28 ás 18:00h.


PREBENXAMÍN Matheus e Attos vs UD Estrada FS
X1 1ª Autonómica Liga Regular Grupo 1 | DOM. 28/01 | 17:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos iniciará a súa participación na Liga Regular Grupo 1 este domingo 28 ás 17:00h contra a UD Estrada FS no parqué noiés.


PREBENXAMÍN Machado e Power vs Alto do Vento FS X1 1ª Autonómica Liga Regular Título | DOM. 28/01 | 12:00h

Na Fase polo Título xogará o Prebenxamín Machado e Power tras terminar nos postos altos na Fase Previa. A primeira xornada xogarana como locais este domingo 28 ás 12:00h contra o Alto do Vento FS.



bottom of page