HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Dous partidos eliminatorios no Mourís
- Departamento prensa Noia PA FS
- May 26, 2023
- 1 min read

Só dous equipos da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS continúan en competición, e o Mourís vivirá os dous importantes partidos que afrontan Xuvenil e Cadete.
XUVENIL
Comeza a fase de ascenso a Liga Galega para os de Daniel Ventoso, á que se clasificaron tras ser campións da 1ª Autonómica de Santiago. Este sábado 27 ás 16:00h no Mourís, en xogo o pase á final diante do Colegio Liceo, nunha eliminatoria a partido único.
CADETE
Despois de finalizar a Liga, os de Julio Moreno adéntranse no torneo copeiro, comezando coa rolda de cuartos de final este sábado 27 ás 12:15h recibindo ao La Salle.
Comments