
Venres, 25/10/2024 · 15:30h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Todas as categorías inferiores da Escola Deportiva noiesa póñense en marcha cos partidos esta fin de semana!
XUVENIL Peixe e Garrincha vs A Estrada Futsal
X2 Primeira Futgal FS | SÁB. 26/10 | 12:00h
O Xuvenil Peixe e Garrincha busca o seu segundo triunfo en Primeira Futgal FS, nesta ocasión xogando como local este sábado 26 ás 12:00h fronte ao A Estrada Futsal.
CADETE Rubi e Douglas vs La Salle
X2 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 27/10 | 10:00h
Outro que tentará seguir gañando é o Cadete Rubi e Douglas, que xogará ás 10:00h deste domingo 27 fronte ao La Salle.
CD CompoSala "B" vs INFANTIL Pirata e Attos
X1 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 27/10 | 10:00h
O Infantil Pirata e Attos debuta esta temporada en Pontepedriña fronte ao CD CompoSala "B" o domingo 27 ás 10:00h.
UD Estrada FS vs ALEVÍN Schütt e Álex García
X1 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 27/10 | 10:00h
O Alevín Schütt e Álex García tamén comezará a xogar como visitante, no seu caso no Municipal Coto Ferreiro fronte ao UD Estrada FS o domingo 27 ás 10:00h.
AD Codima vs BENX. Pazos e Altamirano
X1 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | DOM. 27/10 | 11:00h
Ás 11:00h deste domingo 27 xogará o Benxamín Pazos e Altamirano, contra o AD Codima no Municipal Quiroga Palacios santiagués.
AD Codima "B" vs BENX. Rufino e Matheus
X1 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | DOM. 27/10 | 10:00h
Pola súa parte, o Benxamín Rufino e Matheus xogará unha hora antes, ás 10:00h, tamén no Municipal Quiroga Palacios e contra o AD Codima "B".
PB Montero e Iván vs PB Diego e Power
X1 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 26/10 | 10:00h
Arrancará a xornada un duelo entre equipos noieses, co PB Montero e Iván xogando fronte ao PB Diego e Power este sábado 26 ás 10:00h no Mourís.
Comentários