top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Debuta o Biberón e o Xuvenil de Liga Galega FS pode ser campión!



A Escola Deportiva pecha o mes de abril con 10 partidos en total, entre xoves e domingo, tan só dous deles no Municipal Agustín Mourís. Destaca nesta xornada o debut do Biberón Nico Rosa e a primeira posibilidade de título para o Xuvenil de Liga Galega FS. Descansan ambos equipos Cadete.



Hércules FS vs XUVENIL
X27 Liga Galega FS | DOM. 28/04 | 12:00h

Primeira bola de partido para o Xuvenil de Liga Galega FS. Los blancos, que sacan 8 puntos al Pescados Rubén Burela a falta de 4 encontros, serían campións se os laranxas non gañan o venres ante o Alto do Vento FS e melloran o seu resultado. Iso si, os de Daniel Ventoso non o terán nada fácil para lograr unha nova vitoria, na pista dun equipo que xa os fixo sufrir sobremaneira na primeira volta e que ocupa a 5ª praza con 38 puntos, este domingo 28 ás 12:00h.



Club Melide FS vs XUVENIL Rufino
X22 1ª Autonómica - Fase Previa | JUE. 25/04 | 20:30h

O Xuvenil Rufino conclúe a primeira fase ligueira visitando ao Club Melide FS, 6º con 32 puntos, este mesmo xoves 25 ás 20:30h.



A Estrada Futsal vs ALEVÍN Pirata
X4 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 28/04 | 11:30h

O Alevín Pirata intentará lograr o catro de catro neste inicio copeiro no seu desprazamento ao Coto Ferreiro para enfrontarse ao A Estrada Futsal, este domingo 28 ás 11:30h.



Alto do Vento FS "C" vs ALEVÍN Altamirano
X4 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 27/04 | 16:45h

O Alevín Altamirano enfrontarase, este sábado 27 a partir das 16:45h, ao Alto do Vento FS "C" no Pavillón Monte dos Postes de Santiago.



ALEVÍN Pazos vs EDS Santa Marta
X4 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | DOM. 28/04 | 17:30h

O Alevín Pazos xogará este domingo 28 ás 17:30h contra o EDS Santa Marta no Municipal Agustín Mourís.



Alto do Vento FS "B" vs BENXAMÍN Pola
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 3 | SÁB. 27/04 | 19:15h

O Benxamín Pola disputa este sábado 27 ás 19:15h a segunda xornada copeira, véndose as caras como visitante ao Alto do Vento FS "B".



At. Fátima "B" vs BENXAMÍN Sarmiento
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 27/04 | 19:00h

O Benxamín Sarmiento xoga este sábado 27 ás 19:00h ante o Atlético Fátima "B", na segunda xornada do grupo 1 de Copa.



Jogafán Ordes FS vs PB Matheus e Attos X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | SÁB. 27/04 | 10:00h

O Prebenxamín Matheus e Attos afronta a segunda xornada copeira este sábado 27 ás 10:00h en Ordes frente ao Jogafán Ordes FS.



Jogafán Ordes FS "B" vs PB Machado e Power
X2 1ª Autonómica Copa - Grupo 2 | SÁB. 27/04 | 11:00h

Unha hora máis tarde será turno do Prebenxamín Machado e Power, que xogará este sábado 27 ás 11:00h no mesmo Municipal Castelao II de Ordes contra o Jogafán Ordes FS "B".



BIBERÓN Nico Rosa vs SD Dubra
X1 1ª Autonómica Copa - Grupo 1 | DOM. 28/04 | 12:30h

Chegou a hora do debut do Biberón Nico Rosa! Os máis pequenos da Escola noiesa efectuarán a súa estrea no grupo 1 da Copa de 1ª Autonómica este domingo 28 ás 12:30h no parqué do Municipal Agustín Mourís.


bottom of page