
Venres, 24/01/2025 · 20:25h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
A Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS pon punto e final ao primeiro mes do ano esta fin de semana, con practicamente toda a súa actividade concentrada no domingo e no Mourís!
AD Codima vs CADETE Rubi e Douglas
X12 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 26/01 | 19:30h
O Cadete Rubi e Douglas visita o Municipal de Restollal este domingo 26 ás 19:30h para enfrontarse ao AD Codima, en partido da duodécima xornada ligueira.
INFANTIL Pirata vs Alto do Vento FS "B"
X11 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 26/01 | 19:30h
O Infantil Pirata recibe ao Alto do Vento FS "B" no Agustín Mourís este domingo 26 ás 19:30h, en partido da undécima xornada ligueira.
At. Fátima vs ALEVÍN Schütt e Á. García
X10 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 26/01 | 17:00h
O Alevín Schütt e Álex García desprázase ao Municipal de Santa Isabel en Santiago para xogar contra o Atlético Fátima este domingo 26 ás 19:00h, no décimo partido do curso.
BENX. Pazos e Altamirano vs At. Fátima
X10 Fase Previa Grupo 2 Primeira Futgal FS | DOM. 26/01 | 17:30h
O Benxamín Pazos e Altamirano xoga na casa, este domingo 26 ás 17:30h recibindo ao Atlético Fátima, no que será partido da décima xornada da fase previa de Liga.
BENX. Rufino e Matheus vs Alto do Vento FS
X10 Fase Previa Grupo 1 Primeira Futgal FS | DOM. 26/01 | 18:30h
O Benxamín Rufino e Matheus tamén actuará de local, no seu caso fronte ao Alto do Vento FS o domingo 26 ás 18:30h pola xornada 10 da fase previa do campionato ligueiro.
PB Diego e Power vs Club Melide FS
X9 Fase Previa Primeira Futgal FS | DOM. 26/01 | 16:30h
O Prebenxamín Diego e Power abrirá a sesión de tarde do domingo 26 ás 16:30h, co seu partido ante o Club Melide FS pola novena xornada ligueira.
Jogafán Ordes FS vs PB Montero e Iván
X9 Fase Previa Primeira Futgal FS | SÁB. 25/01 | 11:00h
O Prebenxamín Montero e Iván será o único equipo en xogar o sábado 25. Farao ás 11:00h no Castelao II de Ordes ante o Jogafán Ordes FS, na novena data de fase previa ligueira.
Comments