top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Aumenta a acción!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Oct 25
  • 2 min read

ree

Sábado, 25/10/2025 · 08:53h · Imaxe: Alejandro Lorenzo


Xa estamos todos! O resto de equipos da Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS entra en competición esta fin de semana cos seguintes horarios!



XUVENIL vs A Estrada Futsal
X2 Primeira Futgal FS - Fase Previa | SÁB. 25/10 | 12:00h

Despois de descansar na primeira xornada de Primeira Futgal FS, o Xuvenil de Julio Moreno debuta este sábado 25 ás 12:00h no Municipal Agustín Mourís contra A Estrada Futsal.



Caranza FS vs CADETE
X7 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | SÁB. 25/10 | 19:30h

O Cadete de Pablo Cardoso visita este sábado 25 ás 19:30h no Municipal A Malata de Ferrol ao Caranza FS pola sétima xornada ligueira.



SDCyR Narón O Freixo vs INFANTIL
X7 Preferente Futgal FS - Grupo 1 | DOM. 26/10 | 11:15h

O Infantil de Iván Fernández e Iván Insua desprázase ao Municipal As Lagoas de Narón para enfrontarse ao SDCyR Narón O Freixo o domingo 26 ás 11:15h, en duelo da sétima data de competición.



INFANTIL vs Club Melide FS
X1 Primeira Futgal FS | DOM. 26/10 | 12:30h

O Infantil estréase na competición de Primeira Futgal FS recibindo ao Club Melide FS no Municipal Agustín Mourís o domingo 26 ás 12:30h.



ALEVÍN vs EFS Trasgos
X1 Primeira Futgal FS | DOM. 26/10 | 10:30h

O Alevín comeza a Primeira Futgal FS na casa, véndose as caras co EFS Trasgos o domingo 26 ás 10:30h contra o EFS Trasgos.



BENX. "B" vs BENX. "A"
X1 Primeira Futgal FS | DOM. 26/10 | 11:30h

Duelo noiés entre os dous equipos Benxamíns este domingo 26 ás 11:30h no Municipal Agustín Mourís para dar inicio á competición en Primeira Futgal FS!




Jogafan Ordes FS vs PREBENX.
X1 Primeira Futgal FS | DOM. 26/10 | 16:00h

O Prebenxamín debutará en Primeira Futgal FS contra o Jogafan Ordes FS no Municipal Castelao II o domingo 26 ás 16:00h.

Comments


bottom of page