top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | Cambiamos o Mourís polo Alonso Rodríguez


Sete partidos agardan esta fin de semana pola Escola Deportiva do Noia Portus Apostoli FS. Dous deles disputaranse no Pavillón Alonso Rodríguez, en lugar do Agustín Mourís.


CADETE

Importante cita para o Cadete de Liga Galega, que de gañar en Ferrol quedaría a tan só unha vitoria de proclamarse campión. Os de David Palmas visitan ao cadro parrulo este domingo 26 ás 17:30h, en partido da xornada 23.


INFANTIL

Última xornada ligueira para os de Pablo Cardoso, que recibirán ao AD Codima - Gráficas Esteiro este sábado 25 ás 10:00h no Pavillón Alonso Rodríguez.


ALEVÍN

Os de Iván Insua tamén rematarán o campionato ligueiro, recibindo no seu caso ao FC Meigas o sábado 25 ás 11:00h no Pavillón Alonso Rodríguez.



BENXAMÍN

A fin de semana de partidos comeza para o Benxamín o venres 24, no duelo de Liga Xogade contra o CF Noia, ás 19:30h en A Barquiña. O sábado 25 ás 12:30h en Ordes, segundo partido, neste caso da xornada 13 do Grupo 2 da 1ª Autonómica, na cancha do Jogafán Ordes FS "B"


PREBENXAMÍN

Tamén dobre compromiso para o prebenxamín, que o venres 24 se enfrontará ao CF Noia en A Barquiña, en partido de Liga Xogade, ás 18:30h. Sábado 25 ás 17:00h no Municipal Apóstol Santiago son a data e o lugar do segundo encontro, da xornada 13 do Grupo 2 de 1ª Autonómica, ante o Victoria FC - Furia "A".


bottom of page