Volve a actividade completa para a Escola Deportiva logo do Entroido, con un partido de Liga Galega, seis de 1ª Autonómica e tres de Liga Xogade por diante esta fin de semana!
XUVENIL
O cadro de Daniel Ventoso tentará manterse como líder da categoría na súa visita ao Jogafán Ordes FS, este sábado ás 10:00h no Municipal Castelao II de Ordes en partido da xornada 15.
CADETE
Entra na recta final do campionato ligueiro o equipo Cadete de Liga Galega de David Palmas, coa súa visita ao Troula Betanzos FS na xornada 19. O encontro disputarase no Municipal de Betanzos este sábado 25 ás 20:00h.
Pola súa parte, o Cadete de 1ª Autonómica dirixido por Julio Moreno visita na xornada 15 da 1ª Autonómica ao La Salle o sábado 25 ás 11:45h no Polideportivo La Salle.
INFANTIL
Recibe o conxunto de Pablo Cardoso ao A Estrada Futsal na xornada 7 do Grupo 2 da 1ª Autonómica este sábado 25 ás 11:30h no Agustín Mourís.
ALEVÍN
O Alevín de Iván Insua xogará encontro de Liga Xogade o venres 24 contra o ED Negreira "A" ás 19:45h en Portosín. Para finalizar a fin de semana, recibirán no Agustín Mourís en duelo da xornada 7 do Grupo 2 de 1ª Autonómica ao A Estrada Futsal.
BENXAMÍN
Ás 19:00h do venres 24 en Portosín xogará o Prebenxamín o seu partido de Liga Xogade contra o ED Negreira "A". No Mourís o sábado 25 ás 13:30h disputará o encontro da xornada 9 do Grupo 2 de 1ª Autonómica diante do AD Codima - Acougo.
PREBENXAMÍN
Tamén contra o ED Negreira "A" xogará o Prebenxamín o seu partido de Liga Xogade, este venres 24 ás 18:15h en Portosín. E o sábado abrirán a xornada de encontros do Mourís, recibindo ao Oroso FS CD ás 10:30h, en choque da xornada 9 do Grupo 1 de 1ª Autonómica.
Comments