top of page

HORARIOS ESCOLA DEPORTIVA | 11 partidos do venres ao domingo



Once partidos por diante, con dous do Xuvenil Rufino (un deles o venres), nesta fin de semana da Escola Deportiva na que descansa o Prebenxamín Machado e Power.


Pescados Rubén Burela FS vs XUVENIL
X11 Liga Galega | SÁB. 25/11 | 17:00h

Os de Daniel Ventoso visitan a outro dos grandes rivais e aspirantes ao título de campión, o líder Pescados Rubén Burela FS. Só 3 puntos os separan, cos noieses cun partido menos, polo que este sábado 25 ás 17:00h preséntase unha gran oportunidade de dar unha volta na zona alta da clasificación.


Oroso FS CD vs XUVENIL Rufino
X4 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | VIE. 24/11 | 22:10h

Terá dobre compromiso o Xuvenil Rufino esta fin de semana, empezando polo aprazado encontro contra o Oroso FS CD da xornada 4, que disputarán este venres 24 ás 12:00h.


Victoria FC vs XUVENIL Rufino
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 26/11 | 13:00h

O segundo, xa da xornada que lle pertence, xogarano o domingo 26 ás 13:00h en Roxos contra o Victoria FC.


CADETE Lluc vs Club Melide FS
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 26/11 | 12:00h

O domingo 26 ás 12:00h no Agustín Mourís o Cadete Lluc intentará volver á senda do triunfo coa visita do Club Melide FS.


CD Composala vs CADETE Henrique e Jabá
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 25/11 | 11:00h

En Lamas de Abade baterase o Cadete Henrique e Jabá contra o CD Composala este sábado 25 a partir das 11:00h.


ALEVÍN Pirata vs Alto do Vento FS "C"
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 26/11 | 16:15h

Regresa á competición o Alevín Pirata tras descansar a pasada xornada, e faino recibindo ao Alto do Vento FS "C" este domingo 26 a partir das 16:15h.


Atlético Fátima vs ALEVÍN Altamirano
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 25/11 | 19:00h

Como visitante xogará o Alevín Altamirano no Municipal Apóstol Santiago contra o Atlético Fátima, este sábado 25 ás 19:00h.


AD Codima vs ALEVÍN Pazos
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 1 | DOM. 26/11 | 12:00h

O Alevín Pazos visitará o Pavillón Carmen Estévez de Roxos para enfrontarse ao AD Codima este domingo 26 a partir das 12:00h.


BENXAMÍN Pola vs Atlético Fátima
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | DOM. 26/11 | 11:00h

Abrirá o domingo pola mañá no Mourís o Benxamín Pola, co seu partido fronte ao Atlético Fátima ás 11:00h.


BENXAMÍN Sarmiento vs Oroso FS CD
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 25/11 | 12:00h

Un día antes, o sábado ás 12:00h, será o turno do Benxamín Sarmiento, tamén no Agustín Mourís, contra o Oroso FS CD.


PREBENXAMÍN Matheus e Attos vs Stellae FS - Valga
X6 1ª Autonómica Fase Previa Grupo 2 | SÁB. 25/11 | 11:00h

E unha hora antes tamén do sábado 25, o Prebenxamín Matheus e Attos recibirá a visita do Stellae FS - Valga ás 11:00h.


bottom of page